Actividades do Apego de Santiago de Compostela en xullo

 

En xullo xa hai moito tempo de lecer neses días que avanzan lentamente para quedaren gravados nas cabeciñas das crianzas como se merecen. Seguímosvos recomendando consultardes os descargables que hai colgados nesta mesma web do Apego para alimentar esa pegada de risas e xogos. Gústanos moito o xogo de psicomotricidade Móvete con Apego, pero podedes escoller o que máis se axeite a cada momento.

 

A proposta de actividades para este mes segue cubrindo os martes e os mércores con contos e enredos, que se completa coa estrea do último traballo de Pakolas. Non esquezades inscribirvos!

 

Tardes de contos

Martes / 17 e 18.15 h / Espazo Apego

Un tempo para entrar nos contos e experimentar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente e en dous horarios:  de 17 a 18 h para  0-3 anos e de 18.15  a 19.15 h para 3 a 6 anos. Este mes centraremos a atención na figura das avoas e dos avós, esas persoas ás que nunca se lles acaban os abrazos nin os momentos para facernos sorrir.

Martes 4. Bos días, avoa!

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 11. Súper avó

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

Martes 18. Festa!

Inscrición para 0-3, 17 h

Inscrición para 3-6, 18.15 h

 

Enredando

Mércores / 17 h / Espazo Apego

Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas. A actividade contará con dous grupos diferenciados: para 3-6, sen acompañamento dunha persoa titora, e para 0-3 con acompañamento. Nos dous casos o horario será de 17 a 19 h. Iranse incorporando temas e materiais relacionados coas festividades, o medio natural, a contorna inmediata etc., para propiciar a interacción.

Mércores 5

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 12

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 19

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

Mércores 26

Inscrición para 0-3 anos

Inscrición para 3-6 anos

 

A Ramona pequena vai á Lúa, con Pakolas (+ 3 anos)

Xoves 20 / 18 h / Espazo Apego

Cando Ramona contaba 6 aniños tiña unha mente esperta e imaxinativa e adoraba perderse entre as páxinas do seu autor favorito: Xulio Verne. Da Terra á Lúa era o libro que máis grandes curiosidades lle producía e non paraba de preguntarse se alá arriba viviría alguén, se habería auga, se se podería cultivar, se saberían ou, polo menos, entenderían o galego… O novo espectáculo musical de Pakolas non lle pon límites á imaxinación!

Inscrición

Pin It on Pinterest

Share This