SÚMATE Á COMUNIDADE DO APEGO!
SÚMATE AO APEGO!
Para as familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, creamos o proxecto Apego, para axudar a socializar en galego os nenos e nenas desde o nacemento e ata os 6 anos.
Se pertencedes a un dos concellos participantes no proxecto (a listaxe é a que se desprega no propio formulario) podedes solicitar máis información enchendo este formulario. Unha vez cuberto e recibidos os datos, desde o Servizo de Normalización Lingüística (SNL) do voso concello porémonos en contacto con vós para concertar unha cita, falarmos, explicarvos o proxecto e para que poidades inscribirvos formalmente e recibirdes os materiais de benvida. Así, desde ese momento estaredes informados/as das actividades, recursos, servizos e materiais que poderán facilitar a vosa tarefa para poder usar o galego na comunicación familiar cos vosos pequechos e pequechas.
Se non pertencedes a un dos concellos promotores do Apego, podedes seguir as novidades do proxecto a través deste web e/ou da páxina de Facebook www.facebook.com/apego.gal. Se queredes recibir igualmente información do proxecto Apego, podedes indicar o voso concello de referencia entre os trinta que desenvolvemo o Apego, no formulario desta páxina.
Súmate, sumádevos ao Apego!
TES ALGO QUE OFRECER Á COMUNIDADE DO APEGO?
Queres difundir algunha proposta, información ou servizo de interese para a comunidade do Apego? Cubrindo estoutro formulario enviaraslle esa información aos servizos de normalización lingüística dos concellos participantes.