Novas actividades no programa Apego para gozar esta primavera en Ferrol.

As familias con nenos e nenas menores de 8 anos poderán participar en Ferrol, desde abril a xuño, en diferentes actividades de monicreques, de música, contacontos e cantigas guiadas e animadas por Paco Nogueiras, Trémola Teatro, Títeres Babaluva, Miguel Guido ou Caxoto.

A programación figura no cartel deseñado por Juanlu Nacha é pódese consultar neste enlace

Lembrade que a entrada é libre, por orde de chegada ata completar a capacidade do local cultural, agás na actividade do martes 4 de xuño, Levántate Xan, de Caxoto, para a que cómpre inscrición previa no correo gnl@ferrol.es

Programa Apego primavera Ferrol

Pin It on Pinterest

Share This