DESCARGABLES E IMPRIMIBLES

DOS ENREDOS

Falta moito? (.pdf 1 MB)
Xogo de peto que propón volver ao clásico de identificar elementos da paisaxe das viaxes cunhas tarxetas ben chulas. Vannos axudar a mellorar a atención, a facilitar a concentración á vez que podemos estimular a memoria e a aprendizaxe de vocabulario. E sen pantallas!

Adiviñas encadeadas (.pdf 9,5 MB)
Xogo de dominó formado con adiviñas e coas correspondentes solucións acompañadas de imaxes. 

Crebacabezas das profesións (.pdf 11 MB)
De maior quero ser… Algúns crebacabezas sobre as profesións poden dar para xogar coas lindas imaxes do artista Leandro Lamas e mais servir de inspiración para as crianzas da casa. Só hai que imprimir, pegar sobre un cartón ou unha cartolina, recortar as pezas polas liñas marcadas e… a xogar!! 

O Nadal (.pdf 9 MB)
Ficha sobre o Nadal, con distintos pasatempos e instrucións para construír un Apalpador de cartón. 

A Candeloria (.pdf 5 MB)
Ficha sobre o día en que casan os paxariños, con refráns, paxariños e instrucións para construír un taumatropo. 

O Entroido (.pdf 7 MB)
Ficha sobre os personaxes do Entroido galego con distintos pasatempos e manualidades. 

As alfombras florais (.pdf 3 MB)
Ficha arredor das alfombras florais que inclúe distintos pasatempos e propón o deseño dunha alfombra floral sobre papel. 

A noite de san Xoán (.pdf 4 MB)
Ficha arredor da noite de san Xoán que inclúe distintos pasatempos sobre a noite máis máxica do ano. 

Os maios (.pdf 4 MB)
Ficha arredor da festa dos maios que inclúe distintos pasatempos e instrucións para a construción dun maio de papel. 

As romarías (.pdf 5 MB)
Ficha para aprender sobre as romarías con distintos pasatempos e instrucións para construír unha figura de peregrino. 

O mundo do mar (.pdf 6 MB)
Ficha sobre o mar, con distintos pasatempos para aprender a coidalo e respectalo. 

O magosto (.pdf 6 MB)
Ficha sobre o magosto, con moito vocabulario e instrucións para deseñar un orixinal cornete de castañas. 

O Samaín (.pdf 4 MB)
Ficha sobre o Samaín, para aprender sobre a orixe desta festa e con distintos pasatempos terroríficos!!! 

DA PSICOMOTRICIDADE E DAS EMOCIÓNS

Tarxetas de psicomotricidade (.pdf 1 MB)
Unha colección de tarxetas coas que animar moito movemento e aprender un monte de expresións e nomes de animais. Podedes imprimilas, recortalas e usalas en canto xogo se vos ocorra.

Xogo de emocións (.pdf 731 KB)
Un xogo de memoria para identificarmos as emocións: estou leda, feliz, triste, asustada, abraiada, anoxada, avergoñada, molesta…

DA ORGANIZACIÓN E DAS RUTINAS

Tarxetas de rutina (.pdf, 1,66 MB)
Bo día, vístome, almorzo, lavo os dentes, vou ao cole, xanto, a xogar!, merendo, recollo os xoguetes, dúchome, ceo, déitome… Aquí vos deixamos estas tarxetas recortables que lles poden servir de guión aos nenos e ás nenas para saberen en que momento do día se atopan e o que teñen que facer, por exemplo, xogar, recolleren os xoguetes, cear ou iren para a cama.

Imos durmir (.pdf 2680 KB)
Un xogo de peto para antes de nos deitar que nos vai axudar a crear unha rutina do sono con moito agarimo. Darémonos apertas, freguiñas no lombo, bicos de inuit, aloumiños, cantaremos arrolos e recitados… ata que toque adormecer.

Menú semanal (.pdf 168 KB)
Que haberá para xantar na casa? Hoxe toca peixe ou era carne? E cando haberá pasta, co que a min me gusta! Planifica o voso menú semanal con este descargable e… a comer!

Poñemos a mesa? (.pdf 688 KB)
Cales son eses trebellos que usamos para comer? Prato, garfo, coitelo, culler, pano, vaso… Como os colocamos? E se imprimimos este mantel e poñemos a mesa con moito xeito? Xa seremos quen de facelo soíñas!

Fago a maleta
Para aprendermos os nomes das pezas de vestir, para escoller o que precisamos levar nunha maleta de viaxe, para sermos cada vez máis autónomas e acabarmos vestíndonos soíñas… Unha folla que podedes imprimir cada vez que queirades facer a maleta ou simplemente cando xoguedes a motivalas na súa autonomía diaria.

Álbum para anotar as primeiras 25 palabras (.pdf 793 KB)
Para reforzar o vínculo emotivo coa lingua a través das primeiras expresións.

Etiquetas para material escolar
Para pórlles nome aos nosos libros, libretas e a todo tipo de material escolar con moito xeito.

Cartel de normas contra o coronavirus
Para adaptarnos á nova rutina de hixiene. Para protexernos e protexer as demais persoas deses bechos invisibles que tanto nos poden trastornar…

DAS COUSAS DO TEMPO

Mariña, unha historia para contar os meses. Calendario Apego 2019 (.pdf 1,3 MB)
Calendario de Apego do ano 2019 está pensado para que poida ser impreso en tamaño A4 e unido por un anel ou cordel, e incluso para colgar. Ademais, cando remate 2019 pódese cortar a parte de abaixo de cada mes, e queda un conto ben xeitoso para comprender o paso do tempo!

Tempo meteorolóxico e tempo cronolóxico (.pdf 841 KB)
Que día é hoxe? En que estación estamos? Fóra está solleiro ou nubrado? Sabedes que celebramos hoxe? Estamos todas? Falta algún amiguiño? En moitas escolas de educación infantil a xornada comeza así. Esta dinámica axuda ás crianzas a comprender pouco a pouco o paso do tempo e é un bo punto de partida para coñecer o desenvolvemento das rutinas diarias.

Pasatempo: para saber do tempo (.pdf 168 KB)
Con este descargable e unha caixa de DVD podes facer do tempo algo divertido! Un xogo para aprendermos a dicir a hora e mirar o reloxo.

DE COMO SE CHAMAN

Os bits son un recurso didáctico dirixido a crianzas de entre 0 e 6 anos para mellorar a atención, facilitar a concentración e desenvolver e estimular a memoria e a aprendizaxe. A súa metodoloxía baséase en mostrar información visual e auditiva de xeito rápido mediante tarxetas de información e que os nenos e as nenas consigan identificalas e nomealas.

Incluímos dúas versións: tarxetas para imprimir, onde se pode reproducir o audio cun lector de códigos QR, e imaxes para pantalla, cun audio asociado para o que cómpre descargar os arquivos e habilitar o contido en 3D. Probamos?

Bits para imprimir de animais (.pdf 4,7 MB)
Bits para pantalla aves (.pdf 1,5 MB)
Bits para pantalla mamíferos (.pdf 2,7 MB)
Bits para pantalla animais mariños (.pdf 1,8 MB)
Bits para pantalla réptiles e anfibios (.pdf 1,8 MB)
Bits para pantalla invertebrados terrestres (.pdf 1,7 MB)
Bits para pantalla as partes do corpo dos animais (.pdf 4,5 MB)
Ourizo, lavandeira, arroaz, sapoconcho, píntega… Neste espazo preséntanse os animais máis próximos.

Bits para imprimir das miñas cousas (.pdf 8 MB)
Bits para pantalla: as miñas cousas (.pdf 8 MB)
Sabermos como se chaman os trebellos máis próximos, os nomes das pezas de vestir, os xoguetes cos que enredamos ou que o osiño co que durmimos é unha peluche é unha boa maneira de comezar a identificar o mundo que nos rodea. Bits para imprimir: alimentos (.pdf 14 MB)
Bits para pantalla: alimentos (.pdf 5,62 MB)
Nomear os alimentos é algo que comezan a facer ben cediño… Velaquí unha selección de todas esas cousas que axiña van ter o pracer de degustar: iogur, pexego, amorodo, cabaciño, zume… Bits para imprimir: a miña contorna (.pdf 19 MB)
Bits para pantalla: a miña contorna I (.pdf 13 MB)
Bits para pantalla: a miña contorna II (.pdf 18 MB)
Bits para pantalla: a miña contorna III (.pdf 14 MB)
Bits para pantalla: a miña contorna IV (.pdf 12 MB)
Bits para pantalla: a miña contorna V (.pdf 15 MB)
Bits para pantalla: a miña contorna VI (.pdf 13 MB)
Para ir dándolle nome á paisaxe, os espazos exteriores polos que nos movemos e moitos dos elementos que podemos atopar.

DE EVENTOS SOCIAIS

Modelos de convites (.pdf 37 MB)
Modelos de convites (.zip 36 MB)
Vas celebrar unha festa de aniversario e queres que sexa o máis especial posible? Queres convidar unha amiguiña a xogar á casa? Ides festexar a chegada do voso bebé? Aquí tes uns convites pensados para ti e a túa familia! Podedes descargalos en formato imaxe ou pdf, cubrilos e enviárllelos ás amizades.

Chapas con Apego (.pdf 1,28 MB)
Distintos deseños con mensaxes do Apego para imprimir e crear as túas propias chapas. Inclúe algúns modelos baleiros pensados para que os personalices.

DAS COUSAS DO NADAL

Tarxetas de Nadal (.pdf 649 KB)
Enviarlles bos desexos polo Nadal ás persoas queridas é un costume que podemos seguir practicando coas crianzas. Imprimir as tarxetas, escribir unhas palabriñas e achegarnos á oficina postal para envialas é todo un ritual onde lles podemos mostrar o agradable que é enviar e recibir felicitacións.

Etiquetas para agasallos do Nadal (.pdf 664 KB)
Para agasallarmos no Nadal con todos os bos desexos podemos dedicar un tempiño a imprimir e recortar os tres modelos de imaxes: “Bo Nadal!”, “Este agasallo é para…” e “De hoxe nun ano!”. Os nosos agasallos terán algo máis persoal e serán recibidos en galego por toda a familia.

Grilanda do Apalpador (.pdf 707 KB)
Grilanda para decorar en tempo de Nadal os nosos fogares coas crianzas. Poderemos pasar un agradable anaco falando da figura do Apalpador mentres recortamos e fabricamos a nosa propia grilanda. É moi sinxelo!

 

DA CAIXA DO APEGO

APEGO. Pequena guía para unha grande aventura
Libro informativo dirixido ás embarazadas para preparar a acollida das crianzas

O meu álbum. Lembranzas do meu primeiro ano
Mostra dalgunhas páxinas do álbum deseñado especialmente para gardar as lembranzas máis importantes, divertidas e especiais do primeiro ano de vida do bebé: a primeira ecografía, a música que soaba ou que había na tele e no cine o día que naceu o bebé, o primeiro riso, o prezo do pan, a primeira obra de arte etc.

 

Pin It on Pinterest

Share This