NOVAS
As actividades do Apego en agosto: Contos no parque de Bonaval
Mantiña, merenda… con contos, cantos, monicreques.... As actividades do Apego saen fóra no mes de agosto e invítanvos a vir escoitar, participar e socializar en galego todos os martes ás 18 h no parque de Bonaval (plataforma dos arcos). O acceso é aberto e de balde. ler máis
Programación de xullo no Espazo Apego de Santiago de Compostela
Estamos no verán! Días longos e tempo de lecer: baños refrescantes no río, no mar ou na piscina, paseos polos parques do noso concello e unha chea de actividades no Espazo Apego. ler máis
VII Festa do Apego en Ames
Ames comeza o mes de xuño coa VII Festa do Apego, unha xornada aberta e chea de espectáculos, actividades e recursos lúdico-educativos para favorecer unha crianza positiva, creativa e en galego. Un espazo de encontro para familias, e tamén para docentes e outras persoas interesadas, no que o apego polo noso é protagonista. ler máis
Programación de xuño no Espazo Apego de Santiago de Compostela
Neste mes de san Xoán, emprendemos a recta final do curso escolar e dámoslle a benvida ao verán no Espazo Apego. ler máis
Rechouchíos de maio e xuño en Moaña
Neste novo ciclo hai teatro, monicreques, narración oral e espectáculos musicais con música en directo desde o venres 8 de maio ata o venres 12 de xuño, no que teremos a gran festa do FESTICHÍO, que é a festa para as familias do Apego que temos en Moaña. ler máis
Primavera con Apego en Pontevedra!
Canda a primavera chega a Pontevedra unha nova quenda de actividades do Apego para arroupar a crianza en galego. Toda a programación, que se estende desde o 10 de abril ata o 14 de xuño, é de balde, mais cómpre inscribirse previamente, xa que a cabida é limitada. Existen dous formularios de inscrición dispoñibles: un para as actividades do Apego na primavera e outro específico para as sesións de Seres máxicos da nosa mitoloxía. ler máis