QUE O SEU NOME

SEXA PROPIO

 

Pórlle o nome a un fillo ou filla é algo moi importante e que se debe pensar de forma detida. O seu nome será un elemento máis de apego á familia e ás súas orixes que o/a vai identificar e individualizar ao longo de toda a vida e que o/a vai relacionar coa xente, coa contorna, co mundo.

Por estes motivos, propoñémosche que valores a posibilidade de poñerlle un nome en galego.

O antropónimo de cada quen ten unha función identificadora e individualizadora, polo que ten certa importancia que sexa algo orixinal. E un nome galego pode ser unha boa alternativa para iso. Así, podes facer que o teu fillo ou filla teña un nome atractivo e propio que o diferencie dentro da sociedade global.

Ademais, o nome tamén pode ser unha mostra importante da forma de ser e de estar no mundo. En épocas pasadas houbo un empeño en substituír e invisibilizar os nosos nomes propios coa finalidade de que non soasen a galego e, agora, recuperalos contribúe a manter viva a historia e a tradición do noso país. Polo tanto, ti podes contribuír a que o teu fillo ou filla herde e transmita unha parte tan importante do noso pasado dunha forma tan sinxela como é a de pórlle un nome galego, de noso.

Entón, anímaste a que o seu nome sexa, de verdade, propio? Seguro que é un bo comezo ;-)

 

Propostas de nomes

Nomes en galego hai moitos, e ben bonitos e orixinais! Aquí simplemente che damos algunhas propostas, de muller e de home, para animar a que se usen, a que se elixan para ponérllelos ás nenas e nenos. É tan só unha selección arbitraria dos máis orixinais, menos coñecidos, ou máis propios, o que non quere dicir que non haxa moitos outros nomes galegos, boa parte deles que coinciden con outras linguas.

NOMES PARA MULLER

E A SÚA ORIXE E SIGNIFICADO

A

Aldara. Xermánica: insigne e sabia no combate

Alexandra. Grega: muller defensora, protectora

Aloia. Latina: loanza

Antía. Grega: tirada, sacada das flores

Ánxela/Anxos. Grega: mensaxeira

B

Baia. Grega: ben falada, elocuente

Berenguela. Xermánica: guerreira preparada. Lanceira

Branca. Xermánica: branca, nobre, brillante

C

Caetana. Latina: alegre

Candea. Latina: candea

Carme / Carmiña. Hebrea: Viña, xardín / Latina: poema ou canto

Catuxa. Grega: pura, imaculada, graciosa

Celtia. Derivado do nome común celta, é o nome poético que Eduardo Pondal aplica a Galicia

Comba / Pomba. Latina: pomba, rula, símbolo da paz e da pureza

D

Dores. Latina: dores, sufrimento

E

Eira. Grega: protectora da saúde

Erea. Grega: paz

Exeria. Latina: que se move. No s. IV-V houbo unha nobre galega chamada Exeria que fixo peregrinaxe a Palestina

G

Graza. Latina: graza, encanto, don

H

Hadriana. Latina: nacida na Hadria

Helena. Grega: da Grecia

I

Icía. Latina: cega

Iolanda. Latina: violeta, flor, derivado de viola

Iria. Vasca-cántabra: pedra, vila

Irimia. Topónimo do nacemento do río Miño

L

Ledicia. Latina: grande alegría

Lúa. Latina: lúa

M

Mariña. Latina: proveniente do mar, mariñeira

Martiña. Latina: dedicada a venerar a Marte

Maruxa. Latina: proveniente do mar, mariñeira

Mencía. Antigo nome galego-portugués

Milagres. Latina: marabilla, milagre, prodixio

Minia. Xermánica: grande, forte

N

Navia. Prerromana: deusa galaica das fontes, ríos e mares

Neves. Latina: neve

Noa. Hebrea: repouso

O

Oriana. Latina: a que naceu

P

Peregrina. Latina: que vai polo campo

R

Reis. Latina: reis

Rexina. Latina: raíña

S

Sabela. Hebrea: variante de Isabel, o deus Baal é saúde

Sarela. Nome dun río de Compostela

T

Tareixa. Grega: cazadora, animal salvaxe

Tegra. Grega: marabillosa, gloria de Deus

U

Uxía. Grega: ben nacida, nobre

V

Virxinia. Latina: virxinal

Vitoria. Latina: vitoriosa

X
Xacinta. Grega: flor

Xandra. Grega: a que torna o/a inimigo/a

Xasmín / Xasmina. Hebrea: a segunda, a que vén detrás. Persa: xasmín, flor

Xema. Latina: xema, pedra preciosa

Xenebra. Céltica: a máis branca entre os elfos

Xenoveva. Xermánica: muller de boa estirpe, muller nobre

Xenxa. Latina: variante de Inocencia. Inofensiva, honesta, sen culpa

Xiana. Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter

Ximena. Hebrea: Deus escoitoume

Xoana. Hebrea: Deus é misericordioso

Xonxa. Latina: variante de Asunción. Subir ao ceo, ascender

Xosefa. Hebrea: sentada á dereita de Deus, regalo de Deus

Xulia / Xuliana / Xulieta. Latina: referido ao xentilicio da familia Iulia, dedicada a Xúpiter

NOMES PARA HOME

E A SÚA ORIXE E SIGNIFICADO

A

Afonso. Xermánica: nobre valente

Airas. Do topónimo Airas

Alberte. Xermánica: que brilla pola súa nobreza

Aldán. Xermánica: esperto, vello. Tamén é topónimo

Aleixo. Grega: defensor, protector

Alexandre/Xandre. Grega: defensor

André. Grega: viril

Antón. Latina: florido ou digno de loanza

Anxo/Ánxelo. Latina, proveniente do grego: mensaxeiro

Artai. Foi o fillo máis vello do primeiro poboador de Galicia, Brigo

Artur. Grega: coidador da constelación Osa

B

Benxamín. Hebrea: fillo predilecto ou fillo máis novo

Bieito. Latina: ben nomeado, bendito

Brais. Grega: orixinariamente era tatexo

Brandán. Celta: personaxe lendario que emigra mar adiante

Brate. Pai de Breogán

Breixo. Latina: sincero, que conta a verdade

Breogán. Celta: xefe dos celtas que poboaron Galicia

C

Cibrán. Latina: delgado, transparente ou orixinario de Chipre

Cidre. Grega: don da deusa Isis

Cristovo. Grega: que leva a Cristo

D

Denís. Francesa: apóstolo da Galia, e este do latín Dionysius, relativo a Dionisos ou fillo de Deus

Duarte. Xermánica: gardián de bens e prosperidade

E

Eliseu. Hebrea: Deus é salvador

Estevo. Grega: merecidamente coroado

F

Farruco / Fuco. Xermánica: que quere ser libre

Fernán. Xermánica: valente e pacífico

Filipe. Grega: que lle gustan os cabalos

Fiz. Latina: contento, feliz

G

Gael. Bretoa: de orixe gaélica ou que vén das illas

Galván. Do nome céltico bretón Gwualchmei, adaptado ao francés antigo como Gauvain

Guillerme. Xermánica: defensor

H

Hadrián. Latina e grega: nado na terra de Hadria

Heitor. Grega: persoa que ten forza, que está formada

I

Iago. Evolución do medieval Tiago: o seguinte

L

Lois / Luís. Xermánica: defensor do pobo

Lourenzo. Latín: loureiro

M

Martiño. Latina: de Marte, ou guerreiro

Maxín. Latina: meigo, feiticieiro. Tamén pode derivar de Maximus, o fillo máis vello

N

Nuno. Latina: monxe ou vello

P

Paio. Grega, a través do latín: mariño, pertencente ao mar

Paulo. Latín: miúdo, pequeño

R

Roi. Xermánica: famoso, glorioso

S

Serxio. Latina: escravo ou gardián

T

Tiago. Hebrea, bíblica: o seguinte

Tomé. Latina: xemelgo

Tristán. Celta: ruído ou mensaxeiro

U

Uxío. Grega: de boa familia, ben nacido

X

Xabier. Vasca: casa nova

Xacobe. Hebrea: o seguinte

Xácome. Hebrea: o seguinte

Xan / Xoán. Hebrea: Deus é bo

Xes / Xens / Xenxo. Latina: protector da familia ou comezo

Xesús / Suso. Hebreo: salvador, que salva

Xián. Latina: da familia Xulia

Xil. Grega: tempestade ou escudo

Xoel. Hebreo: Iavé é Deus

Xosé / Sesé. Hebreo: regalo de Deus, sentado á dereita de Deus

Xurxo. Grega: agricultor, que traballa a terra

Xusto. Latina: xusto

E, xa que estamos…, se as mamás e papás tamén tedes interese recuperar e visibilizar os nosos nomes propios…

 

Como galeguizar o teu nome?

Para galeguizar oficialmente o teu nome só tes que pedir no Rexistro Civil en que te inscribiron que o muden polo seu equivalente en lingua galega. Deberás presentar tamén unha copia do documento de identidade e unha copia literal do teu certificado de nacemento, e é posible que che pidan que presentes tamén unha solicitude por escrito.

 

Como restaurar o teu apelido?

Só tes que presentar unha solicitude no Rexistro Civil na que declares que a grafía do teu apelido que figura na inscrición de nacemento non se adecúa á gramática e/ou fonética da lingua galega, polo que manifestas a túa vontade de regularizar ortograficamente o devandito apelido, substituíndoo pola forma galega correcta. Canda a solicitude deberás presentar unha copia do documento de identidade e unha copia literal do teu certificado de nacemento. É probable que tamén che soliciten un certificado que acredite a forma correcta que corresponde cos teus apelidos deturpados. Este certificado pódesllo solicitar, por exemplo, á Real Academia Galega (www.academia.gal).

 

Onde obter máis información sobre nomes e apelidos?

PRÓXIMAS ACTIVIDADES

  1. Contos da lúa, de Trécola Teatro (Santiago de Compostela)

    10 Outubro|18:00 - 19:00
  2. Cantaxoga no Milladoiro (Ames)

    11 Outubro|18:00 - 19:00
  3. Miudiño: Os nosos bosques (Moaña)

    11 Outubro|18:00 - 19:00
  4. Movéndonos con Apego (Santiago de Compostela)

    14 Outubro|17:00 - 19:00

Pin It on Pinterest

Share This