PALABRAS PARA MEDRAR
Na barriga de mamá
Agarda: tempo durante o cal se espera.
Agarimo: sentimento de afección ou tenrura que se manifesta por alguén.
Antollo: desexo vivo, irracional e pasaxeiro dunha cousa.
Benestar: sensación de tranquilidade e satisfacción.
Desexo: movemento afectivo cara a algo que se apetece.
Inquedanza: desexo de coñecer ou interese especial por algo; inquietude.
Ilusión: felicidade que se sente pensando en algo que vai vir.
Ledicia: sentimento de pracer ou satisfacción; alegría; dita; felicidade.
Paixón: sentimento moi forte de entusiasmo por alguén.
Sensibilidade: facultade de experimentar sensacións de afecto, emoción etc.
Sentimento: reacción do ánimo ante un acontecemento.
Soño: aquilo que se desexa moito; afán, anhelo, arela, aspiración.
Cambra: contracción involuntaria, dolorosa e transitoria dun músculo; breca; cambia; chambra.
Cansazo: sensación de falta de forza física ou mental; fatiga.
Caricia: demostración de cariño que se fai pasando a man polo corpo; aloumiño.
Comadrón, comadroa: persoal sanitario preparado para asistir as mulleres no parto.
Hora curta: parto breve.
Matrón, matrona: persoa que asiste a outra no parto.
Movemento: cambio de posición dun corpo.
Mudanza: feito de que unha persoa cambie; cambio.
Nacemento: acción de nacer.
Parteiro, parteira: persoa que, con titulación académica, asiste a outra no parto.
Ventre: cavidade situada entre o tórax e a pelve.
Xinecólogo, xinecóloga: médico especialista no aparato xenital feminino.
Palabras de agarimo
Aperta: acto de abrazar ou cinguir cos brazos; abrazo; apreixo.
Berrar: lanzar berros ou sons agudos emitidos con forza en voz moi alta.
Bico: acción de bicar ou tocar cos labios pechados en sinal de amor; beixo.
Chorar: deitar bágoas debido a un sentimento de pesar.
Dozura: calidade do que é tenro ou trata con cariño e comprensión; tenrura.
Durmir: estar nun estado de repouso que consiste na suspensión dos sentidos.
Espernexar: mover repetidamente as pernas.
Miña rula: expresión de cariño que se aplica a unha muller ou a unha nena.
Salaio: respiración curta con sacudidas do corpo que se fai ás veces ao chorar; salouco.
Xogar: realizar actividades para entreterse e divertirse.
Na familia
Afillado, afillada: calquera persoa, en relación co seu padriño ou madriña.
Avó, avoa: o pai ou a nai dos pais dunha persoa.
Bisavó, bisavoa: o pai ou a nai dos avós dunha persoa.
Bisneto, bisneta: o fillo ou a filla do neto ou da neta dunha persoa.
Curmán, curmá: o fillo ou a filla dun tío ou dunha tía; primo/a; primo/a carnal.
Fillo, filla: calquera persoa en relación aos seus pais.
Irmán, irmá: calquera persoa en relación ao seu pai ou a súa nai.
Neto, neta: fillo ou filla dun fillo ou dunha filla dunha persoa.
Pai, nai: persoa que tivo un/unha ou máis fillos/as.
Padriño, madriña: persoa que acompaña a quen se bautiza facéndose o seu protector ou a súa protectora.
Sobriño, sobriña: fillo ou filla dun irmán ou irmá.
Sogro, sogra: o pai ou a nai do/a cónxuxe.
Tío, tía: irmán ou irmá do pai ou da nai dunha persoa.
Tataravó, tataravoa: pai ou nai dun bisavó ou dunha bisavoa, con respecto a unha persoa.
Tataraneto, tataraneta: fillo ou filla dun bisneto ou dunha bisneta, con respecto a unha persoa.
Xenro, nora: home da filla ou muller do fillo, respecto dos pais destes.
Xemelgo, xemelga: cada un dos dous nenos ou nenas que naceron dun mesmo parto.
Para as medras
Adulto, adulta: persoa que chegou ao termo do seu crecemento.
Asemellar: imitar
Bebé: neno ou nena que ten aproximadamente un ano.
Cativo, cativa: rapaz ou rapaza de pouca idade.
Mozo, moza: persoa que supera a infancia pero non chegou á idade adulta.
Medrar: crecemento da estatura dunha persoa; estirada; estirón.
Neno, nena: persoa que está no período que vai desde o nacemento ata a adolescencia.
Neno/a do berce: neno/a pequeno/a que aínda dorme no berce.
Neno/a do colo: neno/a pequeno/a que anda no colo.
Neno/a da teta: neno/a pequeno/a en período de lactación.
Neonato, neonata: acabado/a de nacer.
Pequeno, pequena: persoa de pouca idade, que aínda está na nenez.
Vello, vella: persoa que ten moita idade.
Alto, alta: de estatura superior á media; grande.
Baixo, baixa: que ten pouca altura; pequeno.
Centímetros: medida de lonxitude que é a centésima parte dun metro.
Esvelto, esvelta: alto, delgado e de boa figura; garrido.
Forte: que goza de boa saúde; robusto.
Fraco, fraca: de pouca carne; delgado.
Gordo, gorda: que ten exceso de carne ou graxa; groso.
Mediano, mediana: que non é nin grande nin pequeno.
Metro: unidade de lonxitude, de símbolo m.
Repoludo, repoluda: baixo e gordiño; gordecho; reboludo.
Vizoso, vizosa: de aparencia fermosa e saudable.
O tempo
Días da semana: luns, martes, mércores, xoves, venres, sábado e domingo.
Meses do ano: xaneiro, febreiro, marzo, abril, maio, xuño, xullo, agosto, setembro, outubro, novembro e decembro.
Estacións: primavera, verán, outono e inverno.
Arco da vella: banda de cores que aparece no ceo cando a luz solar atravesa as pingas da chuvia.
Avesedo: que non recibe a luz do sol; sombrizo.
Chuvioso: que é abundante en chuvias.
Despexado: dise do día ou do ceo que está claro, sen nubes.
Lóstrego: resplandor intenso e momentáneo producido polo raio.
Nevado: cuberto de neve.
Nubrado: cuberto de nubes; nubro.
Orballo: chuvia miúda; poalla.
Raiola: raio de sol que aparece entre as nubes cando o ceo está cuberto.
Solleiro: con moito sol.
Treboada: chuvia intensa e súbita, de pouca duración, que pode ir acompañada de vento.
Tronada: tempo de tormenta con calor pesada, treboada, alustros e tronos.
Para coñecer o mundo
Artigo: escrito xornalístico sobre un tema determinado.
Blog: sitio web que recolle cronoloxicamente información ou opinións.
Noticiario: programa de radio ou televisión en que se emiten noticias.
Nova: suceso ou novidade que se comunica; noticia.
Redes sociais: espazo de Internet que permite relacionarse e intercambiar información.
Reportaxe: xénero periodístico que consiste en relatar feitos que presencia o/a reporteiro/a.
Revista: publicación periódica non diaria e ilustrada.
Telexornal: programa televisivo de información sobre acontecementos do día.
Titular: título que encabeza as novas dos xornais.
Xornal: publicación diaria.
Xornalista: profesional dos medios de comunicación; periodista.
A miña casa
Partes da casa: aseo, cociña, comedor, corredor, cuarto, cuarto de baño, sala e vestiario…
Cuarto do bebé: almofada, andel, berce, cadeira, cadro, caixón, cambiador, coxín, espertador, lámpada, penico/ouriñal, porta, rolo, roupeiro, sabas, tallo, ventá…
No baño
Bañeira: recipiente para bañarse as persoas; baño.
Billa: chave que se usa para pechar e regular a saída de líquidos ou gases.
Burbulla: globo de aire ou gas que sobe á superficie dun líquido; gurgulla.
Colonia: perfume que se fai con auga, alcohol e distintos aromas.
Crema: substancia branda para o coidado da pel.
Escuma: burbullas que forma o xabón ao entrar en contacto coa auga.
Espello: superficie que reflicte as imaxes.
Esponxa: utensilio que se emprega para a hixiene pola súa porosidade e suavidade.
Peite: instrumento con dentes que se utiliza para desenguedellar ou peitear o pelo.
Xabón: produto deterxente que se utiliza para lavar e para o aseo persoal.
Xampú: xabón líquido para lavar o pelo.
Xel: xabón líquido xelatinoso que se emprega para a hixiene persoal.
Ou nas mans ou nos pés has de imitarte a quen es
A cabeza
Boca: abertura situada na parte inferior da cara, arrodeada polos labios.
Beizo: cada unha das partes carnosas que limitan a abertura da boca; labio.
Campaíña: lobo que colga na parte posterior do padal, na entrada da gorxa; úvula; pingallón.
Dente: órgano duro e calcario, incrustado nas mandíbulas, que serve para mastigar.
Enxiva: tecido que recobre interiormente as queixadas e protexe a dentadura.
Lingua: órgano muscular situado na cavidade bucal, entre os arcos dentarios.
Padal: parte superior interna da boca; ceo da boca.
Cairo: cada un dos dentes situados entre o último incisivo e o primeiro premolar; canino; canteiro; queiro.
Incisivo: cada un dos dentes situados na parte anterior dos maxilares, entre os caninos, que serven especialmente para cortar.
Moa: cada un dos dentes, situados por detrás dos cairos, que serven para mastigar os alimentos; molar.
Premolar: cada un dos dentes situados entre os cairos e os molares.
Caluga: parte anterior do pescozo, onde empeza a cabeza; noca.
Cella: parte prominente e curvilínea, cuberta de pelo, sobre a cunca do ollo.
Faciana: parte anterior da cabeza das persoas; face; cara.
Fronte: parte superior da cara, entre as cellas e a raíz do pelo.
Meixela: cada unha das prominencias que hai debaixo dos ollos da face humana.
Nariz: parte saínte da cara, entre a fronte e a boca, con dous orificios, que comunica co aparello respiratorio.
Ollo: órgano da vista.
Orella: parte externa do órgano do oído, situada a ambos os lados da cabeza.
Pálpebra: membrana móbil que cobre a parte visible do ollo.
Pescozo: parte do corpo que une a cabeza co tronco.
Pestana: cada un dos pelos que nacen no bordo das pálpebras.
O tronco
Costas: parte posterior do tronco; lombo.
Cu: parte traseira do corpo, que vai dende onde acaba o lombo ata onde empezan as coxas.
Embigo: cicatriz redonda que queda no medio do ventre, como resto do cordón umbilical.
Mamila: parte central e máis prominente da mama, por onde as crías chuchan o leite.
Peito: parte dianteira do corpo que se estende dende o pescozo até o ventre.
Ventre: parte do corpo situada entre o peito e a pelve; abdome; barriga.
Brazo: extremidade superior, que vai dende o ombreiro ata a man.
Man: parte do corpo situada no extremo de cada brazo, con cinco dedos.
Perna: cada unha das dúas extremidades inferiores do ser humano.
Canela: parte da perna situada entre o xeonllo e o pé.
Cóbado: parte exterior da articulación do brazo co antebrazo; cotobelo.
Coxa: parte da perna que vai dende a cadeira ata o xeonllo.
Deda: dedo do pé.
Dedo: cada unha das cinco prolongacións en que remata a man.
Nádega: cada unha das dúas porcións carnosas e arredondadas que constitúen o cu.
Nocello: parte saínte dos ósos que forman a articulación da perna co pé.
Ombreiro: parte superior e lateral do tronco, onde nace o brazo; ombro.
Pulso: parte do corpo onde se xuntan a man e o antebrazo.
Sofraxe: parte posterior dos xeonllos.
Unlla: parte dura que nace e crece no extremo dos dedos; uña.
Xeonllo: parte da perna onde se articula o fémur coa tibia.
Bo proveito!
Acedo, aceda: que ten un sabor parecido ao vinagre ou ao limón; agre.
Almorzo: primeira comida do día, que se fai polas mañás.
Amargo, amarga: que ten un sabor intenso e desagradable, característico do fel.
Asubiar: emitir un son agudo facendo pasar o aire entre os beizos.
Azucre: substancia sólida cristalizable, soluble e de sabor moi doce.
Batedor: utensilio de cociña, manual ou eléctrico, para mesturar e bater alimentos.
Bicar: tocar algo ou a alguén cos beizos pechados, en sinal de afecto.
Cea: última das tres comidas principais do día, que se toma á noite.
Chuchar: extraer cos beizos e a lingua o zume ou a substancia de algo; zugar; chupar.
Coitelo: instrumento para cortar formado por unha folla de metal con fío por un dos lados, unida a un mango.
Culler: utensilio para levar á boca alimentos líquidos ou brandos, formado por un mango e unha pa oval nun extremo.
Cunca: recipiente cóncavo para tomar líquidos.
Doce: que ten un sabor agradable, coma o do azucre ou o mel.
Froita: froito comestible de certas plantas.
Garfo: utensilio con tres ou catro pugas nun extremo para levar alimentos sólidos á boca.
Lamber: pasar a lingua por unha superficie.
Legume: froito ou semente que se cría en vaíñas. Por extensión, hortalizas.
Leite: líquido branco que segregan as mamas das femias dos mamíferos e que se usa como alimento.
Macela: planta aromática cuxa flor se emprega en infusións polas súas propiedades medicinais.
Mamadeira: recipiente cun teto de goma elástica, que se usa para a lactación artificial; biberón.
Mastigar: triturar ou esmagar algo cos dentes.
Merenda: comida lixeira que se toma entre o xantar e a cea.
Papa: alimento que se obtén ao mesturar cereais con auga ou leite.
Prato: recipiente onde se serve a comida na mesa a cada comensal.
Saboroso, saborosa: que ten moito sabor e é agradable ao padal.
Salgado, salgada: que está condimentado con sal.
Xantar: comida do mediodía.
Zume: líquido con propiedades nutritivas contido en substancias vexetais e animais.
Xogos e lecer
Arrolo: canto ou son para tranquilizar ou adormentar o neno ou a nena.
Axóuxere: xoguete formado por esferas ocas, unidas a un mango, con boliñas no interior que soan ao axitarse.
Bambán: asento suspendido por cordas ou cadeas a certa altura do chan para balancearse; randeeira.
Boneco: figura que representa unha persoa ou un animal e que se usa como xoguete.
Cantiga: composición en verso á que se lle pon música para ser cantada.
Conto: narración breve de ficción.
Crebacabezas: xogo que consiste en combinar un conxunto de pezas para formar unha figura.
Enredo: actividade que serve como entretemento e diversión.
Escorregadoiro: pista en pendente pola que escorregan as persoas, sentadas ou deitadas, como divertimento; esvaradoiro; tobogán.
Gargallada: risa sonora e impetuosa; risada.
Peluche: boneco de pelo suave.
Sorriso: acción de rir sen facer ruído, facendo un leve movemento cos labios.
Trabalinguas: palabra ou locución difícil de pronunciar sen se trabucar, que serve de xogo.
O mundo á volta
Agatuñar: andar polo chan sobre os pés e as mans.
Andadeiro: aparello que sostén de pé as nenas e os nenos pequenos para que anden sen perigo de caer; andarela; tentenenos.
Anicarse: abaixarse e encollerse dobrando as pernas.
Axeonllarse: poñerse de xeonllos, coas pernas dobradas e os xeonllos no chan.
Balbucir: pronunciar con dificultade.
Chiar: producir sons fortes e agudos; berrar.
Choutar: separar o corpo do chan co impulso das pernas; brincar.
De crequenas: agachado e sentado sobre os propios talóns; en crequenas.
Erguerse: pórse de pé; levantarse.
Parolar: falar moito e polo xeral de cousas sen importancia.
Parrafeo: conversación informal.
Area: conxunto de pequenas partículas que se desprenden das rochas.
Fraga: extensión grande de monte con moita vexetación e gran diversidade de fauna.
Illa: porción de terra rodeada de auga por todas partes.
Ladeira: terreo en costa que vai da parte alta á baixa dunha montaña.
Lagoa: depósito natural de auga máis pequena ca o lago.
Miradoiro: lugar alto dende onde se pode contemplar a paisaxe.
Onda: elevación producida polo vento na superficie do mar, dun río ou dun lago; vaga.
Outeiro: elevación de terreo illada e de pouca extensión.
Parasol: paraugas para protexerse do sol.
Pontella: ponte pequena e estreita, de madeira ou pedra.
Praia: extensión de area ou pedra miúda á beira do mar ou dun río.
Verea: camiño estreito que se vai facendo ao andar por el a pé; sendeiro; carreiro.
Bolboreta: insecto da orde dos lepidópteros con dous pares de ás de vistosas cores.
Can, cadela: cánidos domésticos de tamaño, forma e pelaxe variados.
Carballo: árbore de gran tamaño, cuxo froito é a landra. Forma carballeiras.
Castiñeiro: árbore de folla caduca e copa ancha, que dá como froito ourizos que conteñen castañas.
Céspede: herba curta e mesta que cobre unha extensión de terreo, moi habitual nos xardíns.
Chorima: flor do toxo ou da xesta.
Galo, galiña: ave doméstica que se cría para aproveitar os seus ovos e a súa carne.
Margarida: planta herbácea con flores de pétalos brancos e centro amarelo.
Piñeiro: árbore de folla perenne e en forma de agulla, cuxo froito é a piña.
Souto: terreo poboado de castiñeiros; castiñeira.
Tartaruga: réptil mariño ou terrestre con catro patas e co corpo cuberto por unha coiraza; sapoconcho.
Xardín: terreo onde se cultiva árbores e plantas ornamentais.
Xoaniña: insecto coleóptero de forma arredondada, con élitros vermellos con puntos negros; maruxiña; reirrei; papasol.
Vestímonos
Abotoar: introducir un botón no seu ollal; abrochar.
Anoar: atar cun nó.
Babeiro: prenda que se lles pon aos nenos e ás nenas sobre o peito, colgada do pescozo, para que non se manchen de baba ou comida.
Chambra: camisa ancha e frouxa que usan as mulleres, os nenos e as nenas; blusa.
Cueiro: peza de tea ou celulosa absorbente que se coloca entre as pernas para conter os excrementos.
Desabotoar: sacar o botón do ollal; desabrochar.
Desanoar: desfacer un nó que unía ou aseguraba algo.
Espir: sacar a roupa do corpo.
Luva: prenda de vestir para cubrir a man, dedo por dedo.
Pixama: traxe que se usa para durmir, xeralmente composto de chaqueta ou xersei e de pantalón.
Pucho: prenda para cubrir a cabeza, sen viseira e con aba; sombreiro.
Saia: prenda feminina que cae dende a cintura, á que vai cinguida.
Vaqueiro, vaqueira: dise dun tecido de algodón, forte e teso, e das prendas que se fan con el.
Vestir: cubrir o corpo con roupa.
Xersei: prenda de vestir de punto e con mangas que cobre o corpo ata o van.
Debuxo o mundo enteiro
As cores: vermello, amarelo, verde, azul, laranxa, branco, negro, rosa, violeta…
Afialapis: instrumento para facerlles punta aos lapis.
Caderno: conxunto de follas de papel, unidas de diversas formas, que se emprega para escribir.
Cartolina: cartón fino, liso e flexible.
Debuxar: representar figuras nun papel ou noutra superficie cun lapis, pinturas ou outros utensilios.
Deseño: debuxo que mostra como vai quedar unha cousas que se vai facer.
Estoxo: caixa ou carteira que serve para gardar ou protexer algunha cousa.
Folla: lámina delgada de papel ou doutro material.
Imaxinación: capacidade dunha persoa para formar imaxes mentais e inventar cousas.
Lapis: instrumento de madeira cunha barra de grafito no interior que serve para escribir ou debuxar.
Lapiseiro: estoxo para gardar os lapis.
Lenzo: tea preparada para pintar sobre ela.
Tesoiras: utensilio para cortar formado por dúas pezas afiadas por un lado, móbiles e unidas en forma de aspa e normalmente cuns buratos para meter os dedos.
Aniversarios e festas
Aniversario: día en que se cumpren anos dalgún suceso, coma o nacemento.
Anteface: obxecto con que unha persoa tapa a cara, ou parte dela, agás os ollos, para que non a recoñezan.
Apalpador: personaxe que vén a noite de Nadal a tocarlles a barriguiña aos nenos e nenas para ver se están mantidos e para lles deixar unha manchea de castañas e xoguetes.
Biscoito: doce de miga mol que se fai no forno con fariña, ovos e azucre.
Candea: obxecto cilíndrico de cera que leva unha torcida no interior e serve para alumar.
Confeito: doce de pequeno tamaño feito cunha masa de azucre, améndoa e outros ingredientes.
Disfrace: roupa que nos poñemos para xogar a ser outra cousa.
Entroido: período de tres días que precede á Coresma durante o que se celebran festas populares con disfraces e máscaras e hai bailes e comparsas.
Felicitar: manifestar a satisfacción que se sente por algo favorable.
Festexar: conmemorar cunha festa; celebrar.
Lamberetada: alimento doce e de sabor agradable que se come máis por gusto que por alimento; peperetada.
Nadal: festa que se celebra o 25 de decembro e datas próximas a esta celebración. Tamén se chama así o mes de decembro.
Parabéns: fórmula que se emprega para felicitar; en hora boa.
Samaín: festa que se celebra pola época de defuntos na que se fan lanternas con cabazas.
Soprar: expulsar aire a presión pola boca e dirixilo cara a unha cousa.
Torta: pastel ou doce grande que se adoita servir en porcións.
Troulear: andar de festa, de esmorga, facendo cousas que serven de diversión e entretemento; troular; rexoubar.
Veciñanza: conxunto das persoas que viven nun edificio, rúa ou lugar.
Xogar: realizar certas actividades para entreterse e divertirse; enredar.