OUTROS RECURSOS A UN CLIC
CONTOS
Galicia Encantada
A historia da Galicia imaxinaria, mitos, lendas, ritos, contos, romances e aventuras que se resisten ao esquecemento e que seguen vivindo na nosa memoria colectiva
MÚSICA
Parabéns para ti
Canción para festexar o aniversario.
Radio Picariña
Radio dixital con directo de audio de cancións galegas para crianzas.
Kókiti Música
Canle con vídeos de cancións infantís educativas sobre os días da semana, os números, os saúdos, a clasificación dos animais, o Apalpador, Rosalía de Castro…
Cancións da Mesa
Vídeos de cancións sobre o tempo, os meses, as aves, o abecedario… que nalgún caso se poden apoiar cos libros correspondentes.
Alí… un día
Seis videoclips de ilustración animada con cancións infantís orixinais para saudar, xogar, recoller, xantar ou vestirse.
Ali TV
Na páxina de recursos para a educación aparece ligada a súa canle, onde se colgan videoclips de diferentes grupos musicais galegos.
Sonárbore
Canle da editorial Galaxia onde aparecen os videoclips dos libro-disco da colección Sonárbore.
NOMES EN GALEGO
Galeguizar o nome e os apelidos
Instrucións para galeguizar o teu nome e apelidos no web do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade de Santiago de Compostela.
Caixa de nomes
No web da Mesa pola Normalización Lingüística.
Guía de nomes galegos
O web da Real Academia Galega recolle a forma estándar de máis de 1.500 nomes que forman parte da nosa tradición antroponímica, así como curiosidades sobre a historia ou lenda relacionada con cada nome.
PUBLICACIÓNS
Brabádegos
Recomendación de libros
Editorial Kalandraka
Para consultar libros e música para lerlles ou poñerlles aos máis pequenos
OQO Editora
Para consultar libros, música e audiovisuais para lerlles ou poñerlles aos máis pequenos
XOGOS
Xogos tradicionais
Guía de recursos sobre o patrimonio lúdico galego
Asociación Galega do Xogo Popular e Tradicional
Para recuperar o patrimonio lúdico galego
Brinquedia
Rede galega do xogo tradicional
Somos xogo
Proxecto de divulgación do patrimonio lúdico galego e da creatividade xogantina.
Xogos tradicionais galegos
Aplicación para apoiar as familias e os docentes na incorporación dos xogos tradicionais.
Brazolinda
Xogos de mesa en galego.
Brincadeiras da lingua
Dez vídeos para aprender ditos e recitados infantís.
Semente de brincar
Vinte vídeos da Semente para difundir a tradición dos xogos de palmas, de roda, de corda e goma elástica.
TutuGalego para Android / iOS
Aplicación para dispositivos móbiles cos personaxes da serie de animación Tutu, con xogos sobre as cores, os números, labirintos…
Os Axóuxeres
Xogos de unir puntos, colorear, labirintos… coas personaxes da serie homónima da TVG.
Xotramu
Conxunto de vídeos explicativos da asociación cultural Xotramu sobre distintos xogos tradicionais.
UN POUCO DE TODO
Alí
Recursos para a educación
Aulas Galegas
Portal de recursos educativos
Orella pendella
Ditos, recitados e cancións infantís
Fálame
Vídeo titorial para construír e manipular monicreques
Asociación Socio-Pedagóxica Galega
Recursos varios
Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia
Recursos para fomentar o galego na familia
Do berce á rúa. Medra coa lingua
Vocabulario, cantigas, xogos e recursos audiovisuais para pais/nais e para as máis pequenas.
O nobelo do tempo en Narón
Panxoliñas, adiviñas, cantos de berce, contos, lendas, refráns…
AUDIOVISUAIS
1. Os vídeos do Apego teñen sección propia nesta páxina e poden visualizarse tamén na canle de Youtube apego.gal. Neles atópase a serie “As aventuras de Po” con instrucións do polbo Po para atar os cordóns, para facer galletas, os sons dos animais, as cores e as froitas, un xogo de dedos, a canción de aniversario e a canción para ir durmir que compuxo Paco Nogueiras para o Apego. Asemade, Po presenta unha serie de artistas de éxito entre a infancia que participaron nun dos festivais do Apego.
2. Hai algunha serie localizada no web da Secretaría Xeral de Política Lingüística que pode ser de interese para as idades máis temperás.
Toupiciencia
8 capítulos. Miniserie de divulgación científica. Toupiña e outros monicreques descobren o mundo da ciencia a través de curiosidades sobre a astronomía, a física, a bioloxía, a química…
Dic dac docs
5 capítulos. Serie documental sobre o léxico que designa os tipos e as partes da cidade, da casa, da horta, da granxa e dos medios de transporte. De 2 a 7 anos.
3. Tamén hai un feixiño de series de animación e outros contidos audiovisuais adecuados para os obxectivos do proxecto Apego na canle do Xabarín.
Os Axóuxeres da Factoría Audiovisual
6 capítulos de 9 minutos de duración. Familia de bonecos que vive encol dunha mesa no dormitorio dun neno. Actúan nunha primeira parte de cada capítulo dirixidos a un segmento de idade de entre 0 e 3 anos e na segunda de 3 a 6 anos.
Caracois de OQO Editora (2008)
38 capítulos de 6 minutos de duración baseados nas historias dos álbums de onde naceron os libros de cartón duro e pequeno formato. De 0 a 3 anos.
Cocorico de OQO Editora
33 capítulos baseados nas aventuras de Cocorico, un pitiño curioso, rebuldeiro, inocente e bo, algo testán e con ganas de aprender e probalo todo. De 2 A 4 anos.
Os Bolechas
Seis irmáns (Carlos, Loli e Pili, Braulio, Sonia e o pequeno Tatá) xunto co seu incondicional can, Chispa, viven mil aventuras nas situacións e realidades cotiás dos nenos e nenas: a escola, a casa, o parque, o autobús, a praia…
Os contos do camiño de OQO Editora
26 películas de 10 minutos de duración. Cada película corresponde á adaptación dunha historia tradicional ou contemporánea publicada en forma de álbum ilustrado por OQO Editora: Corre, corre cabaciña, A princesa do Caurel, Chocolata, Os sete cabritos…
Tutu de Ficción Producciones
52 capítulos. Tutu é un pequeno canguro motorizado ao que lle encanta xogar e explorar o mundo cos seus amigos, cos que resolve en cada capítulo un novo enigma: Que é o eco? Por que ás árbores lles caen as follas?… De 0 a 3 anos.
A tropa de trapo
30 capítulos da serie de debuxos animados baseada na longametraxe de factura galega do mesmo nome. Mumu, Rita, Milo, Talalo, Olga e Alfred son un grupo de mascotas de trapo que nos achegan divertidas aventuras. De 3 a 7 anos.
As aventuras de Minchi da TVG / CTV Media (2012)
50 capítulos de 3 minutos de duración. Minchi é unha cría de lagarta que desde o seu terrario, conectado ao mundo exterior a través de Internet, explícalles aos nenos e nenas de forma sinxela e divertida os fenómenos da natureza máis importantes. De 4 a 6 anos.
O carteiro Pat (1981)
51 capítulos. Pat Clifton é o carteiro da vila británica de Greendale. É amable e moi amigable e ten un compañeiro inseparable, o seu gatiño branco e negro Jess. Xuntos fan o reparto diario das cartas e tamén axudan a quen o precisa. De 3 a 7 anos.
Noddy detective (2016)
26 capítulos. Noddy e os seus amigos os xoguetes asumen roles de detectives e resolven os misterios do País dos Xoguetes. De 0 a 3 anos.
O cordeiro Shaun
+ 6 anos.
AUDIOVISUAIS DA LUSOFONÍA
Alén dos recursos audiovisuais que podemos atopar en galego, outra opción que nos amplía horizontes na internacionalización da lingua e mais na apertura dos oídos a outras variedades é o fácil acceso a canles lusófonas. Velaquí unha selección.
Peppa Pig
Con esta pequena familia de porcos e mais con todos os amigos que a rodean recréanse tramas e situacións cotiás da vida de calquera neno ou nena. De 0 a 3 anos.
Pocoyo
A curiosidade do pequeno Pocoyo, acompañado dos seus inseparables amigos Elly, Pato e Loula entre outros, xera infinidade de historias nun colorido mundo creado para el. De 0 a 3 anos.
A menina e o urso
Masha é unha nena inquieta, curiosa e cunha enerxía inesgotable e Oso é o seu paciente e protector amigo, co que xoga e aprende cousas sobre a vida e a verdadeira amizade. De 4 a 6 anos.
Ben e Holly
O Pequeno Reino de Ben o elfo e a princesa fada Holly é una terra onde medran as flores máis que as torres máis altas. De 0 a 3 anos.
O diário de Mika
Mikaela é unha nena de 4 anos moi curiosa e carismática que está aprendendo a lidar con todas as novidades que lle ofrece o mundo e faino a través dos deseños que elabora na súa tableta. De 0 a 3 anos
O show da Luna
Luna é unha nena de 6 anos totalmente apaixonada pola ciencia e para ela o planeta Terra é un laboratorio xigante. De 3 a 5 anos.
PJ Masks
Os tres coñecidos personaxes vestidos de coloridos pixamas teñen como fin resolver os problemas da cidade para permitir que todas as persoas que a habitan teñan un sono tranquilo. De 3 a 5 anos.
Ruca (Caillou)
Serie canadense baseada nos libros franceses peescolares escritos por Christine L’Heureux e ilustrados por Hélène Despunteaux. De 0 a 3 anos.
Heróis da cidade
Nunha pequena cidade os vehículos de salvamento toman vida e todos conseguen ser heroes ao veren a importancia que ten axudarlles aos demais. De 0 a 3 anos.
Charlie e Lola
Lola é unha nena de 4 anos bastante enérxica e imaxinativa á que o seu irmán Charlie de 7 anos lle ensina cousas novas con paciencia e amor. De 3 a 6 anos.
Cidade do carro
Os coches e os camións viven xuntos e felices cada un coas súas cualidades especiais.
Galinha Pintadinha
Animacións con personaxes infantís e músicas que inclúe cancións de varias xeraciós.
Meu amigazão
Canle oficial da serie brasileira en que se celebran a amizade, a imaxinación, o respecto ás diferenzas e se lles axuda ás crianzas a resolver os conflitos de convivencia máis comúns do día a día. Ata os 7 anos.
Kids TV Channel Português
Canle on-line dedicada a aprenderlles ás crianzas rimas, cancións, historias simples…
Pauleco e Sandreca
Palavra Cantada é un dúo musical formado en 1994 por Paulo Tatit e Sandra Peres que compón cancións infantís de gran éxito no Brasil.
Sítio do Picapau amarelo
Serie de televisión brasileira baseada nos libros homónimos de Monteiro Lobado cos seus personaxes propios, do folclore tradicional e mais clásicos.
[A mudanza no destino das ligazóns é responsabilidade das páxinas ás que apuntan]