A filla do cacharulo é un espectáculo infantil de monicreques,da man de Mirari Urruzola acompañada da destreza musical de Merran Laginestra ao piano.
Esta actividade procura non só entreter senón tamén sensibilizar sobre a importancia de protexer os nosos océanos e animar a formar parte da mudanza cara a un mundo máis xusto, equitativo e sostible.
Público familiar / Infantil de 3 a 8 anos. Entrada libre ata completar a capacidade do local (capela do C.C. Torrente Ballester).