Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Festa do Apego en Compostela

30/12/2022|12:00 - 20:00

De balde
festa-do-apego-2022_v_af

O 30 de decembro teremos un día enteiro de actividades para a cativada máis cativa e para socializarmos co galego como ferramenta e coa música, os contos, o xogo, a danza, o teatro, os recursos… como experiencias enriquecedoras. Unha verdadeira festa para rematar o ano.

A programación comeza ás 12 e remata ás 20 h no Auditorio de Galicia. Haberá espazos para experimentar, como as mostras de recursos, os xogos de Paporrubio e de Brazolinda ou a imprenta tipográfica. Haberá tamén citas artísticas en paralelo para podermos escoller entre moitas opcións, algunhas en primicia e outras que despiden o seu paso polos escenarios, e o día pechará cun gran concerto no que celebraremos os 30 anos de Migallas.

A entrada é aberta e de balde ata completar a capacidade en cada actividade.

festa-do-apego-2022_prog_af

Recursos educativos Alí. Fabaloba
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Mostra comentada para toda a familia

Recursos para a igualdade. Atlantic Ponte
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Mostra comentada para as persoas adultas

Xogos de Mesa. Brazolinda
Recibidor. De 12 h a 14 h e de 16 a 19 h
Experimentación para toda a familia

Imprenta tipográfica. Alouette Machine
Sala de exposicións. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Obradoiro continuado. Para +3 anos

Obradoiro de arte. Lúa Gándara
Sala de exposicións. De 12 h a 14 h
Artes plásticas para +3 anos.

Xogos Paporrubio
Sala de exposicións. De 12 a 14 e de 16 a 19 h
Xogos tradicionais para toda a familia.

Sons do berce. A Cova das Letras
Sala Ángel Brage. Dúas sesións: 12 e 12.45 h
Espectáculo escénico e musical para menores de 3 anos

Comerá o bebé? Cris de Caldas
Sala de exposicións. 12.30 h
Contos. A partir de 6 meses.

Paxaro amigo (músicas para a paz). Mamá Cabra
Sala Mozart. 13 h
Música e teatro (última representación). Familiar

Armadanzas
Sala de exposicións. 16.30 e 18 h
Obradoiro para toda a familia

Silforiña. Golfiños
Sala Mozart. 17 h
Estrea musical. Familiar

Historias desde o outro lado da raia. Dani Blanco
Sala de exposicións, 17 h
Contos. Familiar

A pallasa Pallasini. Olga Abad
Sala de exposicións, 18 h
Contos. Familiar

30 anos cantando con Migallas
Sala Ángel Brage. 19 h
Concerto familiar

Detalles

Data:
30/12/2022
Hora:
12:00 - 20:00
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
, , , , , , , , , ,

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981552290
Web:
www.compostelacapitalcultural.org

Pin It on Pinterest