A cabra montesina con Erea Mora en Moaña

Unha nai decide preparar un cocido galego para ela e para as súas fillas, ao xeito de antes, como o facían as avoas. Pero faltan ingredientes e, cando as nenas teñen que ir buscalos á horta, atopan no camiño á cabra montesina, que marcará o rumbo desta aventura que...

A alquimista con Cristina Collazo en Moaña

Entre pocións, plantas e libros mora acubillada Flora, unha muller que emprega procedementos experimentais e mesturas explosivas practicando a ALQUIMIA MODERNA! Aprenderedes a facer experimentos básicos e coñeceredes inventoras das que nunca oístes falar. Atrevédesvos...

O meu corpo é meu de Alba de Vales en Moaña

A tenrura e o humor dos monicreques convidan á reflexión persoal e colectiva sobre o poder de consentir. – Ola Sariña! Dásme un biquiño? – saúda a veciña – Non. – respondeulle Sara. – Pois que nena tan rabisaca! Este non é un espectáculo para quen pense...

Que mundo é este? de Iván Davila en Moaña

Iván Davila vén a Moaña para traer estes contos para a cativada. A través de estímulos visuais, auditivos e espaciais, os máis pequenos e pequenas da casa mergullaranse en historias de simpáticos personaxes que, como o noso público cativo, están a descubrir o mundo...

O libro máxico de Migallas Teatro en Moaña

Rosiña é unha nena que, para fuxir do aburrimento, ponse a remexer nun baúl e atopa un libro vello. Tras ler as primeiras liñas, comezan a pasar cousas estrañas e Rosiña e os seus amigos e amigas, xunto co público, mergullaranse na aventura de piratas que está escrita...

Pin It on Pinterest