María Campos e Carlos Yus volven a Moaña con xogos verbais de participación, cancións, contos, monicreques e outros recursos para ofrecernos dun xeito divertido unha escolma de ditos e recitados da literatura popular infantil de Galicia.
As familias poderedes aprender estes xogos verbais e usalos no ámbito familiar xunto coas vosas crianzas.
Vide para participar en familia!