11/Dec/2026
Iseo, a Moura, un ser tan máxico como trapalleiro, precisará da axuda do público para lidar con xigantes, nebueiras e outras criaturas incribles. Unha actividade para achegar a mitoloxía galega á cativada dun xeito fresco, visual e cheo de maxia a través de cancións...
27/Nov/2026
O soño de Mariña é ser patroa e durante sete días consecutivos dedicarase a superar probas para acadar o obxectivo de levar o seu propio temón. Un espectáculo teatral interactivo con música en directo e moito humor que nos mergulla na vida mariñeira sucando os mares...
25/Nov/2026
A exploradora francesa Jeanne Baret invita as nenas e nenos a acompañala nunha misión na selva Pitiminí, que aínda que non é moi grande, está chea de misterios e especies por descubrir. Para iso terán que achegarse moi de preto e ir somerxéndose na natureza salvaxe...
25/Nov/2026
Un espazo de entretemento activo arredor do xogo, libre ou guiado. A socialización en galego é o obxectivo e a imaxinación e os valores da amizade e a cooperación serán as ferramentas; para propiciar a interacción, iranse incorporando temas e materiais relacionados...
24/Nov/2026
Un tempo para entrar nos contos e imaxinar a partir deles, aprendendo cada vez máis palabras para entender o mundo. As actividades desenvólvense cada semana arredor dun centro de interese diferente, arredor dunha temática mensual e en dous horarios: de 17.00 a 18.00 h...