Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Bichocas, de Xarope Tulú, en Carnota

22/04/2023|17:00 - 18:00

De balde
bichocas-2

Bichocas é un espectáculo de Xarope Tulú, conducido por Atenea García, que mediante os obxectos e a palabra nos levará de viaxe polo mundo animal. Coas protagonistas destas historias aprenderemos a importancia de sermos diversas e a posibilidade de compartir os afectos.

Entre os obxectivos de Bichocas están estimular a creatividade individual e colectiva, incentivar á observación activa das crianzas, favorecer a socialización en galego na primeira infancia e recoñecer a riqueza léxica do noso idioma.

Data: sábado, 22 de abril.

Horario: 17:00 h.

Lugar: salón de actos do Concello de Carnota.

Persoas destinatarias: espectáculo dirixido a público familiar, recomendado para crianzas de 2 a 6 anos.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística.

Entrada libre, ata completar a capacidade do local.

Organizador

Concello de Carnota
Teléfono:
981857032

Lugar

Salón de actos do Concello de Carnota
Praza de San Gregorio, 19
Carnota, A Coruña 15293 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981 857032

Pin It on Pinterest