Cancións orixinais de Golfiños inspiradas na tradición oral para crear un espazo cheo de xogo, música e emoción. Un concerto participativo onde pequenos e maiores cantan, bailan e levan para casa novas e vellas melodías para seguir compartindo en familia.
Aielé é unha viaxe musical chea de pequenas emocións, un aloumiño, un intre de calma e alegría compartida.