Cambia o conto! con Música Miúda en Carnota

Contacontos musical de Música Miúda, baseado no libro-disco da banda editado por Galaxia. Houbo unha vez un lobo feroz e unha nena asustada. Houbo tamén unha avoa indefensa e unha madrasta malvada… Sempre a mesma leria… ou non? Aquí, dámoslle a volta!...

Bichocas, de Xarope Tulú, en Carnota

Bichocas é un espectáculo de Xarope Tulú, conducido por Atenea García, que mediante os obxectos e a palabra nos levará de viaxe polo mundo animal. Coas protagonistas destas historias aprenderemos a importancia de sermos diversas e a posibilidade de compartir os...

A nena que comía todos os contos, de Trémola Teatro, en Carnota

A nena que comía todos os contos é un espectáculo de narración oral en lingua galega para promover o gusto polos libros e a lectura e favorecer a socialización en galego na infancia. Elisa quería ser a nena máis lista do mundo e sabía que a clave estaba nos libros,...

Zapatos, de Caramuxo Teatro, en Carnota

Zapatos é un espectáculo de Caramuxo Teatro especialmente recomendado para crianzas de 1 a 4 anos e as súas familias. ¿Que pasa con todos eses Zapatos que xa ninguén usa? Todos os días chegan a un recuncho dun agochado xardín fantásticas historias, as vivencias que...

Novos Lobos, de Fantoches Baj, en Carnota

Novos lobos é un espectáculo de narración oral e monicreques  para público familiar, que aborda o tema do xénero desde a perspectiva das novas masculinidades. Deconstrúense nel algúns contos da literatura popular para adaptalos a esta nova ollada. Persoas...

Pin It on Pinterest