ÚLTIMAS NOVAS
Proposta de actividades para maio en Compostela
Maio en Compostela significa festa. A Ascensión é a máis compostelá delas e as actividades do proxecto Apego vanse complementar coas que ofrecerá a programación das festas e que se poden atopar na páxina xeral do Concello. Iso, a gozar da troula!
Contos nas verzas, no Galegote Rock de Pontevedra
Contos nas verzas é un espectáculo familiar de pequeno formato que mestura narración oral e música en directo para lles achegar á crianzas contos e cancións tradicionais. Forma parte da programación do Galegote, o festival de música en galego promovido polo Concello de Pontevedra.
Actividades do Apego en Ferrol para a primavera
Novas actividades no programa Apego para gozar esta primavera en Ferrol. As familias con nenos e nenas menores de 8 anos poderán participar en Ferrol, desde abril a xuño, en diferentes actividades de monicreques, de música, contacontos e cantigas guiadas e animadas por Paco Nogueiras, Trémola Teatro, Títeres Babaluva, Miguel Guido ou Caxoto.
Apego na primavera en Pontevedra!
Durante os vindeiros meses, as familias do Apego de Pontevedra poderán gozar dun amplo programa de actividades para medrar, aprender, socializar e compartir tempo de lecer en galego. Aínda que todas as actividades son de balde, cómpre inscribirse previamente xa que a cabida é limitada. A programación está dirixida a familias con crianzas de 0 a 6 anos e inclúe opcións específicas para as distintas etapas.
Propostas para o mes de abril en Compostela
A proposta de actividades do mes de abril no Espazo Apego xa está dispoñible e... ademais, unha recomendación neste mes dos libros. Deámoslle importancia á lectura desde que nacen, con isto fomentaremos as habilidades lingüísticas, o interese polo coñecemento, o incremento da concentración e tamén desenvolveremos a súa imaxinación e creatividade.
Actividades para o mes de marzo en Compostela
A casa compostelá do polbo Po volve abrir as portas para todas as familias que vivides a vida e a lingua con moito Apego! Velaquí a programación para o mes de marzo. Mirade o calendario e anotádevos nas actividades que vos presten.
Actividades de Apego na Coruña (febreiro a xuño de 2024)
Programación variada para público familiar: música, contos, teatro... para aprender e gozar.
Programación Apego de Ames para o primeiro semestre de 2024
Ampla variedade de actividades divertidas e participativas pensadas para favorecer a transmisión da lingua e achegarlles recursos ás familias que contribúan a unha crianza en galego, positiva, natural e creativa.
De outubro a decembro Apego ofrécenos en Ferrol música, contacontos, teatro ... , actividades para se divertir e aprender da man de Pablo Díaz, Caxoto,Teatro Migallas, Trémola Teatro ou A Xanela do Maxín. Pódese consultar o programa completo e a información detallada sobre cada actividade premendo neste enlace.
Programa colectivo
Apego é un programa colectivo creado para fomentar e mellorar a transmisión do galego como lingua inicial.
Aventura conxunta
Naceu por iniciativa da Coordinadora de Traballadores/as de Normalización Lingüística e desenvólvese, de xeito cooperativo, entre os servizos de normalización dos concellos adheridos.
Nenos e nenas de 0 a 6 anos
Diríxese ao contexto familiar e social dos nenos e nenas nos seus primeiros anos de vida (0 a 6) para achegarlle argumentos e facilitarlle ferramentas e redes que sosteñan e arroupen a crianza en galego.
Apego, pola vida e pola lingua
Este é o lema deste proxecto no que os pais e nais, e os educadores en xeral, van atopar orgullo pola máis orixinal das nosas creacións e forza para preservala e transmitila.
Amor, arraigo, lingua, orgullo e identidade
Apego é empatía, vínculo, comunidade… Apego é apoio para a responsabilidade de construír o futuro desde a raíces e a lingua propia.
Comunidade Apego
Un espazo para compartir, para encontrar e encontrarse, aberto a calquera iniciativa que contribúa aos fins do proxecto.
SÚMATE Á COMUNIDADE!
Desde este espazo virtual e desde os servizos de normalización queremos facer máis doado o acceso á información e aos recursos dispoñibles. Algúns son creados especificamente para o proxecto Apego, como a caixa de benvida e o disco compilatorio, dirixidos á preparación da chegada dun neno ou nena á familia, ou os autoimprimibles ou audiovisuais que van acompañando moitas experiencias. Outros son froito da interrelación con proxectos de diversa orixe e que procuramos achegar aos seus destinatarios. Esta web quere ser un espazo para encontrar e encontrarse, aberto a iniciativas que contribúan aos fins do proxecto.
APEGO NUNHA CAIXA
Ides ter un bebé? Parabéns! Comezades unha nova e extraordinaria aventura chea de ledicia, cambios e emocións na que sentimentos como o amor, o apego e o arraigo serán piares fundamentais para que o voso pequecho ou a vosa pequecha medre feliz e se sinta querido/a e arroupado/a.
Este é o momento de decidir moitas cousas; xa sabedes en que lingua lle ides falar?
Un agasallo para ti
Para esas familias que queredes que a lingua galega forme parte da vosa vida, creamos o proxecto Apego. Se o vides coñecer, temos para vós, ou para ti, un agasallo de benvida con materiais e recursos moi útiles especialmente creados para este tempo de agarda e preparación.
Requisitos
Vivir nalgún dos concellos que manteñen o programa e pedir unha cita co servizo municipal de normalización lingüística. Na sección “Quen somos?” tedes todos os datos de contacto. Así de fácil!
Vínculo especial
Súmate a este proxecto colectivo para fortalecer o apego e o arraigo a través da lingua galega, a lingua propia de Galicia, a dos nosos país, avós…, a nosa. Ter un vínculo tan especial co voso fillo ou filla é a base para que medren como persoas seguras, honestas, estables e felices.
PRÓXIMAS ACTIVIDADES
Que estamos a facer agora? Descubre todas as actividades e accións formativas que deseñamos especialmente para ti.