O primeiro semestre de 2024 ven cargadiño de Apego no Concello de Ames. Nos vindeiros meses a programación Apego ofrece unha ampla variedade de actividades lúdicas e divertidas que achegarán recursos para que as familias gocen en galego. Pódese consultar o programa completo e a información detallada sobre cada actividade premendo nesta ligazón.
Entre a grande variedade de propostas que se ofrecerán podemos atopar actividades que van desde arrolos, música de estilos variados, obradoiros, teatro, contos, xogos, viaxes, unha festaza…; todas elas na procura dun obxectivo: estimular o coñecemento e o apego polo noso.
Artistas e creadores de contido como Luís Prego e Samuel Soto, Peter Punk e Brais das Hortas, Leticia Falcón, Jara Ortiz, Os Jalochos, Alouette Machine, Cris de Caldas e Xabi do Camiño, a Fundación Legar, Migallas Teatro, Montse Rivera e Mercedes Prieto, Ana Prema e Pakolas encherán os próximos meses de risas, apego, emocións, contos, diversión, teatro, música, cantos, baile, danza, aventuras, xogos, obradoiros en familia e moitas moitas aprendizaxes novas.