meteo-5Que día é hoxe? En que estación estamos? Fóra está solleiro ou nubrado? Sabedes que celebramos hoxe? Estamos todas? Falta algún amiguiño? En moitas escolas de educación infantil a xornada comeza así. Esta dinámica axuda ás crianzas a comprender pouco a pouco o paso do tempo e é un bo punto de partida para coñecer o desenvolvemento das rutinas diarias. Aproveitando que andamos nos inicios dun novo curso e que acabamos de inaugurar estación, que vos parece se estreamos calendario?

No arquivo anexo podedes descargalas, como xa fixeramos para as diferentes tarefas que se poden levar a cabo ao longo do día. Podedes imprimilas, recortalas e usalas como mellor se vos axeiten: penduradas dun cordeliño con pinzas, con imáns sobre algo metálico ou simplemente colocándoas pousadas no chan ou nunha mesa ou na parede. Sede creativos!

meteo-4meteo-3

 

Pin It on Pinterest

Share This