foto-tarxetas-rutinas-1Bo día, vístome, almorzo, lavo os dentes, vou ao cole, xanto, a xogar!, merendo, recollo os xoguetes, dúchome, ceo, déitome… Aquí vos deixamos estas tarxetas recortables que lles poden servir de guión aos nenos e ás nenas para saberen en que momento do día se atopan e o que teñen que facer, por exemplo, xogar, recolleren os xoguetes, cear ou iren para a cama. Así, con estas tarxetas van ter unha referencia do que ir facendo ao longo de cada xornada, de xeito que se van sentir con máis seguridade.

 

No arquivo anexo podedes descargalas para imprimir. Tedes as mesmas tarxetas con todas as accións en tres cores diferentes, por se hai varios/as pequenos/as na casa ou por se se queren combinar tarefas que se realizan varias veces ao longo do día, como por exemplo lavar os dentes.

captura_996-04-may-13-02

A idea é que as imprimades a dobre cara (por diante coas accións indicadas, e por atrás cos debuxos de estreliñas), que as recortedes e que as usedes como mellor  se vos axeiten, como penduradas dun cordeliño con pinzas -como podedes ver na foto-, con imáns sobre algo metálico ou simplemente colocándoas pousadas no chan ou nunha mesa. Conforme se van completando as accións e tarefas ao longo do día, vaiselles dando a volta á fichas, para que a nena o neno teñan máis seguridade ao saber en que momento do día se atopan, que cousas se fixeron, que cousas quedan por facer, etc.

Tarxetas de rutinas, en .pdf para descargar, aquí (1,7 MB)

 

 

 

 

 

captura_998-04-may-13-19

 

Pin It on Pinterest

Share This