Xornadas para gozar xogando, bailando, cantando e creando con Cé Orquestra Pantasma.
Catro sesións diferentes de música, xogos tradicionais e obradoiros de creación libre de xoguetes con materiais naturais.
Recuperamos a rúa e a natureza como espazo para o xogo, o lecer e a felicidade dos máis cativos ao tempo que descubrimos outras formas de brincar sen necesidade de mercar sofisticados aparellos.