grilanda-apalpador-webetiquetas-agasallos-nadal-web

Xa tedes a decoración do Nadal preparada? Na sección de descargas desta páxina pódense atopar novas propostas de ornamentación do fogar para estas datas tan especiais para a infancia.

Unha grilanda do Apalpador e mais tres modelos de etiquetas para personalizar os nosos agasallos e que lles cheguen con todos os bos desexos e en galego son unha nova proposta para pasar unha tarde de choiva enredando con moito Apego.

Préstanvos?

Grilanda Apalpador.pdf

Etiquetas agasallos Nadal.pdf

Tarxetas Nadal.pdf

Pin It on Pinterest

Share This