portada-microsite-marzo-abril

A proposta para xogarmos coas crianzas o 8 de Marzo, e calquera outro día do ano, é identificarmos as mulleres compostelás das imaxes e relacionalas coas súas variadas dedicacións. As mulleres podemos facelo todo!!

En canto ás actividades infantís do Concello de Santiago para este bimestre…

Comezamos  nos primeiros días de marzo festexando o Entroido con máscaras, danzas, Entroido tradicional da Ulla, música… Que corra o Entroido!

Propoñémosvos para os vindeiros meses unha nova actividade que pretende crear un espazo de socialización en galego a través do xogo: Tardes xogantinas con Xandobela no Espazo Educativo e de Lecer María Miramontes (As Fontiñas) para crianzas entre 3 e 6 anos.

Reflexionaremos sobre valores importantes na crianza como a igualdade entre homes e mulleres co Ratiño presumido de Trinketrinke Teatro, o exceso de consumismo con  Patapúm de Elefante Elegante e as actividades vencelladas a este espectáculo… Fixarémonos nas experiencias e sensacións dos bebés en Estrazalonia do Baúl da Tía Tola, Contos para bebés de Pavís Pavós ou Gatuxo de Magín Blanco. Recorreremos aos sempre valorados clásicos cun Mini-Mozart interpretado pola Real Filharmonía de Galicia e os divertidos Monicreques de Kukas que celebran o seu 40 aniversario con Arlequina.

Podedes atopar toda a información no espazo:

apego.santiagodecompostela.gal

 

 

Pin It on Pinterest

Share This