Cargando Actividades
Buscar Actividades

Navegación de vista de actividades

Actividades pasadas › A partir de 5 anos

Navegación de lista de Actividades

Setembro 2023
De balde

Procúra-se Pepa a Loba de Cristina Collazo en Moaña

29/09/2023|18:00 - 19:00
Sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao, Quintela
Moaña, Pontevedra 36950
+ Google Map
cristina-collazo_pepa-a-loba1

A famosa bandoleira Pepa a Loba percorre os montes galegos sen medo a nada. Alguén lle fala dun cobizado tesouro... Atréveste a procuralo con ela? Somérxete de cheo nesta aventura cargada de música, monicreques e intrigantes historias. Este contacontos teatralizado está financiado co programa Ler conta moito.

Ler máis »
Outubro 2023
De balde

Escola Municipal de Música: Superpoderes – Moaña

27/10/2023|18:00 - 19:00
Sala Celso Parada do Centro Sociocultural Daniel Castelao, Quintela
Moaña, Pontevedra 36950
+ Google Map
escola-de-musica-municipal

As e os protagonistas desta historia, ademais de tocar un instrumento musical, teñen un talento especial, un superpoder incrible! A axilidade, a creatividade, o humor, a perseveranza, o baile... cada quen ten un superpoder que nos converte en persoas únicas e irrepetibles! Cal é o teu superpoder?

Ler máis »
Decembro 2023
De balde

Escritas de corazón de Verdeveras Expresións Artísticas en Moaña

22/12/2023|18:00 - 19:00
Espazo Nadal (situado no alto da praza de abastos), R/ Concepción Arenal Pontevedra + Google Map
verdeveras_escritas-de-corazon

Se queres contaxiarte do pracer de escribir cartas a man ou se estás a iniciarte na escritura, esta é a actividade que non podes deixar escapar! Tamén para reflexionar sobre a diversidade das persoas, a posibilidade de ser o que queiras ser e a importancia de relacionarnos dunha maneira respectuosa. Entre todas e todos imos rescatar a beleza da comunicación por carta e a importancia de coidar das palabras.

Ler máis »
Marzo 2024
De balde

Travesía Unicornio en Oleiros

16 Marzo|18:00 - 19:00
A Fábrica, Rúa Inglés, 13
Oleiros, A Coruña 15172 Spain
+ Google Map
travesia-unicornio2

Este sábado 16 de marzo ás 18.00 h na Fábrica, a compañía Teatro Ghazafelhos representará Travesía Unicornio. Esta obra é unha adaptación ao teatro do libro de María Canosa gañador da primeira edición do Premio Anisia Miranda de teatro infantil. As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse a través do formulario habilitado. Esta obra está recomendada para maiores de 5 anos. Neste espectáculo un neno e o seu unicornio atópanse cunha xenia que lles promete facer realidade os seus desexos.…

Ler máis »
Maio 2024
De balde

Museo Luísa Villalta de A Run Run en Moaña

10 Maio|18:00 - 19:00
Casa de Cultura de Verducedo, Verducedo s/n
Moaña, Pontevedra 36959
+ Google Map
museo-luisa-villalta1

A través da apresurada e rutineira vida de dúas amigas dunha gran cidade, de calquera cidade galega, descubriremos o bo que é ás veces pararse a respirar. Decataraste de que o museo onde traballas vaiche abrir os ollos e farás realidade aqueles soños que tiñas de cativa e que compartías con mamá... ...mamá eu de maior quero ser artista!

Ler máis »
+ Export Events

Pin It on Pinterest