Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Xogos e música para a lingua – Xabier Vizcaíno – Moaña

18/09/2022|16:00 - 20:00

De balde
xogos-e-musica-para-a-lingua

Xornada de xogos tradicionais galegos que son parte do noso patrimonio lúdico e que están en desuso, como a billarda, o lanzamento de boina, a bugalliña…, que rematan nun concerto dunha hora, de 19 a 20 h, onde se mesturarán pezas de Xabier Vizcaíno con músicas tradicionais galegas para facer partícipe ao público destinatario: familias con crianzas recomendado de 2 ata 12 anos.

Haberá vídeos explicativos coas normas e un pouco de historia de cada xogo para refrescar a memoria de quen xa os coñece e tamén para quen os vai practicar por primeira vez.

Os pais, nais ou familias participantes serán o fío condutor para que os nenos e nenas aprendan o vocabulario dos xogos así como as súas normas. Incentivarase as familias para que compartan nas súas redes sociais todo o referente aos xogos e a música ou o que consideren, sempre e cando non sexa discriminatorio nin ofensivo.

Todo o proxecto quedará plasmado nun vídeo/documental de cinco minutos onde se buscarán as impresións das persoas participantes así como imaxes dun día en familia xogando e cantando en galego.

Detalles

Data:
18/09/2022
Hora:
16:00 - 20:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , , ,

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña, Servizo de Normalización Lingüística e Servizo de Muller e Igualdade

Lugar

Parque de San Bartolomeu
Meira
Moaña, Pontevedra 36955
+ Google Map

Pin It on Pinterest