Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Rosa e azul chega a Oleiros este domingo

28/03/2021|12:00 - 13:00

De balde
rosaeazul-1280x960

O domingo 28 de marzo ás 12.00 horas continúa a programación do Apego co contacontos Rosa e Azul. Un espectáculo de narración oral de Pérez&Fernández dirixido ao público familiar maior de 3 anos que queira gozar das novas narrativas da literatura infantil. Unha sesión de contos teatralizados, que celebra a diversidade e que racha cos estereotipos de xénero e o binarismo imposto desde que nacemos. A través da manipulación de xoguetes e monicreques artesáns, mesturaremos historias reais con contos de ficción que xiran en torno ao respecto, ao amor, á tolerancia e á diversidade.

As persoas que queiran asistir terán que inscribirse a través do formulario habilitado desde o luns 22 de marzo e ata completar a capacidade permitida. Os dous primeiros días de inscrición terán preferencia as persoas inscritas no Apego de Oleiros.

Formulario de inscrición

 

Detalles

Data:
28/03/2021
Hora:
12:00 - 13:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros
Teléfono:
981610000
Email:
www.lingua@oleiros.org
Web:
www.oleiros.org

Lugar

A Fábrica
Rúa Inglés, 13
Oleiros, A Coruña 15172 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981610000
Web:
www.oleiros.org

Pin It on Pinterest