Unha adaptación do clásico de Kipling con música orixinal en galego, que convida a reflexionar sobre a amizade, a identidade, a convivencia e o respecto á natureza.
Na selva urbana, Mowgli é unha nena criada entre animais que teñen moito que dicir sobre o mundo actual. Punkies, rapeiros e heavys substitúen os lobos, monos e voitres do conto orixinal, nunha viaxe chea de ritmo, humor e aprendizaxes.