Paula está moi contenta. O seu pai contoulle un conto de animais e regaloulle un xilófono. Para darlle as grazas,vai tocarlle unha canción, pero cando empeza a practicar, dunha caixa máxica comezan a saír os animais que aparecían no libro,e grazas a eles descubrirá moitas cousas.
Qué animaliño é?, é unha obra para bebés que lles fará gozar, coñecer e recoñecer as cousas que ven ao seu redor . A través de diferentes elementos sensoriais (bolas de la, burbullas de xabón, confeti, instrumentos, sons…) os máis pequenos da casa gozarán desta emocionante aventura.
Público familiar/infantil de 6 meses a 4 anos
Inscrición previa no correo: gnl@ferrol.es. Prazas limitadas
No correo de inscrición cómpre indicar:
Nome e apelidos da nena ou neno
Nome e apelidos do pai, da nai ou da persoa titora que o/a acompaña e número de DNI
Teléfono de contacto