Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O axudante de Papá Noel de Moc Moc en Narón

13/12/2023|17:00 - 18:00

De balde
foto

Contacontos de circo

Se xuntamos o Nadal, os malabares, os equilibrios, a interacción constante co público e os xuntamos todos no saco de Papá Noel cun dos seus elfos máis pallasos, torpes e rebeldes o resultado é este tolo contacontos circense que transmite a importancia e o beneficio de compartir cos demais. Estades preparados e preparadas para ver como funciona a fábrica de Papá Noel?

Data: mércores, 13 de decembro de 2023

Horario: ás 17:00 h (duración aproximada 45 minutos)

Lugar: centro cívico social de San Xiao de Narón

Destinatari@s: público familiar. Poderán asistir un máximo de 25 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Política Lingüística do Concello de Narón (proxecto Apego)

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.gal

Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Podes descargar aquí o cartel 

Detalles

Data:
13/12/2023
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)
Email:
a.pita@naron.es
Web:
www.naron.es

Lugar

Centro cívico social de San Xiao
Lugar da Igrexa, s/n
Narón, A Coruña 15578
+ Google Map

Pin It on Pinterest