As nais e pais cun relativo poder económico, procurando a felicidade dos seus fillos e fillas, adoitan ofrecerlles moreas de xoguetes e intentan buscarlles ocupacións permanentes para estimulalos, para que se desenvolvan e non se aburran. Pero o aburrimento non é sempre negativo, pode ser estruturante e desenvolver a súa creatividade.
Por outra banda, pode acontecer que eses obxectos materiais, eses agasallos, intenten colmar a falta de tempo que os proxenitores teñen para dedicarlles aos seus fillos. Unha reflexión sobre a presenza dos bens materiais na relación paterno-filial.
De 4 a 8 anos
Entradas: 4 euros. Outras modalidades (bono familiar) e adquisición en compostelacultura.gal