Paco Cerdeira, o integrante de A Gramola Gominola, interpreta en directo unha escolla dos seus temas propios para público infantil, con música que xira ao redor do rock e outros estilos que entusiasman os cativos e as cativas e con letras sempre axeitadas para eles.
O eixe fundamental radica na combinación das cancións coa narración dalgunhas historias e contos que nelas se recollen, cunha mansaxe final e que forma así, no conxunto, una fermosa “parábola” musical da que aprender e na que pensar.