Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Pepiña Maruxiña quere voar en Narón

29/03/2019|18:00 - 19:00

De balde
foto-1

Contacontos infantil baseado na tradición oral, no que a protagonista será unha xoaniña

Pepiña Maruxiña emprende unha aventura polo xardín á procura dunhas ás. Polo camiño coñecerá diferentes animais que a axudarán a cumprir os seus desexos de voar.

O conto de Pepiña está baseado na tradición popular de cantarlles ás xoaniñas para protexelas, pero tamén para que emprendan o voo, para preguntarlles polo tempo atmosférico, para coñecer con quen vas casar, para que faga bo tempo e haxa boas colleitas…

Data: venres, 29 de marzo de 2019

Horario: ás 18:00 h (duración aproximada 50 minutos)

Lugar: centro cívico social do Val

Destinatari@s: recomendado para nenos e nenas a partir de 3 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s de, como mínimo, unha persoa adulta.

Organiza: Servizo de Normalización Lingüística- Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón (proxecto Apego)

 

Actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es

Na inscrición, que se poderá realizar do 25 ao 29 de marzo, deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

Pódese consultar o cartel aquí

Detalles

Data:
29/03/2019
Hora:
18:00 - 19:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Centro cívico social do Val
Vilacornelle, s/n 15541 + Google Map

Pin It on Pinterest