Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Lydia Botana, “De aquí para alá”

03/11/2017|18:30 - 19:30

1

O concerto “De aquí para alá” é unha proposta musical e teatral para público infantil e familiar interpretada por músicos profesionais coordinados por Lydia Botana, autora e directora deste espectáculo do que en novembro do 2015 saíu o libro-disco coas cancións e a historia pola que xira este concerto editado por Edicións do Cumio.

DE AQUÍ PARA ALÁ é un proxecto de música infantil no que viaxamos arredor do mundo aprendendo, escoitando, bailando e cantando as músicas de cada lugar facendo partícipe ao público que nos acompañe na procura de novos sons!

O formato do concerto consta dunha posta en escena musical formada por unha instrumentación variada: dende o piano, a batería, o acordeón, os bongoes, campás, … Contamos con instrumentos típicos de cada lugar polo que iremos pasando coma a kalimba, o didgeridoo, as cunchas… xunto cun variado set de pequena percusión que abrangue dende pandeiretas, pao de choiva… e unha morea de cacharradas que espertarán a curiosidade das nenas e nenos asistentes a este concerto.

Existe o formato completo de concerto didáctico e tamén o formato máis reducido en versión “Canta-contos” sobre este proxecto para bibliotecas, escolas ou espazos reducidos.

A través da música contaremos a historia dunha bolboreta que remata a súa metamorfose co son dos instrumentos musicais. Embarcarémonos nunha viaxe musical arredor do mundo pasando por Brasil, Cuba, Xamaica, os Balcáns, Estados Unidos, Galicia e lugares máxicos por descubrir.

Cantaremos co público o retrouso que nos levará ao seguinte lugar transportando unha mesma melodía por xéneros musicais coma a bossa-nova, o rap, o son cubano, o reggae, o ska…

Organizador

Concello da Coruña
Teléfono:
981 18 42 00
Web:
https://www.coruna.gal/portal/gl?argIdioma=gl

Lugar

Ágora
Lugar da Gramela, 17
A Coruña, A Coruña 15010
+ Google Map
Teléfono:
981 189 888

Pin It on Pinterest