Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

O ratiño presumido en Narón

04/11/2017|11:00 - 11:45

De balde
oratinhopresumido

A gran Lilí Gruyère, a artista máis internacional de todas as ratiñas e ratiños de Lonxedetodo, vén de recibir un importante encargo profesional: a dirección do musical A ratiña presumida, para o que contará coa axuda do seu amigo e veciño o rato Fuco. Nesta ocasión Lilí decide facer a súa propia versión: “O ratiño presumido”, que será representado na biblioteca polos pais e nais asistentes e polo propio Fuco

Trinke Trinke, que emprega como estratexia de animación á lectura o contacontos teatral, traballa nesta sesión a educación non sexista, a ruptura dos estereotipos de xénero, a corresponsabilidade no fogar e a linguaxe non sexista.

Data: 4 de novembro de 2017

Horario: ás 11:00 h

Lugar: Biblioteca Municipal de Narón

Destinatari@s: nenos e nenas de 3 a 8 anos e as súas familias. Poderán asistir un máximo de 30 nen@s, que irán acompañad@s dunha persoa adulta.

Inscrición: actividade de balde, mais precisa inscrición previa a través de a.pita@naron.es. Na inscrición deben aparecer os seguintes datos:

  • nome da actividade
  • nome e idade do neno ou nena
  • nome da nai, pai ou persoa acompañante
  • enderezo electrónico
  • teléfono de contacto

A participación será por estrita orde de inscrición.

 

 

Detalles

Data:
04/11/2017
Hora:
11:00 - 11:45
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , ,
Web:
http://www.naron.es

Organizador

Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Narón
Teléfono:
981337700 (ext1516)

Lugar

Biblioteca Municipal de Narón
R/ 25 de Xullo, s/n - 15570 - Narón, A Coruña + Google Map

Pin It on Pinterest