Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Iriña bailarina, de Teatro Ghazafelhos, en Moaña

23/07/2020|19:30 - 20:30

Irinha bailarina

Un pirata, un xogador de futbolín, unha bailarina de caixiña de música e un único desexo: xogar sen límites para medrar sen “medidas”.

Ghazafelhos proponnos reflexionar sobre a igualdade de xénero, o cambio de roles ou os estereotipos sociais.

Iriña bailarina esculca na ruptura de roles convencionais. O espectáculo está baseado no conto do mesmo título de Cristina Justo e Paloma Rodríguez da colección “A igualdade conta” de Ed. Embora.

Esta actividade de teatro está recomendada a partir dos 3 anos de idade e vai ser signada por Xoga (Organización de Discapacidade Sensorial de Galicia), é dicir, vai contar cunha persoa intérprete en lingua de signos.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. É obrigatorio o uso de máscara en todo o recinto.

Detalles

Data:
23/07/2020
Hora:
19:30 - 20:30
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, , , , ,

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña e Servizo de Normalización Lingüística

Lugar

Parque da Xunqueira
Moaña, + Google Map

Pin It on Pinterest