Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Fíos do querer en Pontevedra, con Cé Orquestra Pantasma

08/07/2020|18:30 - 19:15

De balde
captura-de-ecra%cc%83-2020-02-19-as-10-07-24

APEGO NA PRIMAVERA EN PONTEVEDRA

Fíos do Querer, con Cé Orquestra Pantasma. Obradoiro para familias con nenas e nenos de 0 a 5 anos. Co obxectivo de aprender cantigas este obradoiro musical está pensado para cantar, bailar e xogar en familia. Acompañados dos seus pais, gozarán de cantigas de primeiras palabras, para abanear, para dar bicos, abrazos, facer palmiñas, o cabaliño… O obradoiro divídese en dúas partes: unha primeira de música para xogar, cantar e bailar e unha segunda de exploración instrumental con axóuxeres e obxectos sonoros feitos a partir de materiais naturais.

Cé Orquestra Pantasma ten dous libros-CD publicados: Fíos do Querer e A Voar. Máis información: https://miudinho.gal/

Podes ver todo o programa do Apego na primavera en Pontevedra e inscribirte en apuntate.pontevedra.gal.

Detalles

Data:
08/07/2020
Hora:
18:30 - 19:15
Prezo:
De balde
Web:
http://apuntate.pontevedra.gal

Organizador

SNL do Concello de Pontevedra
Teléfono:
986863157

Lugar

Xardíns do Dr. Marescot
Rúa Doutor Enrique Marescot
Pontevedra, Pontevedra 36001 Spain
+ Google Map

Pin It on Pinterest