Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Faladoiro “O apoio á lactación materna” – Espazo Apego de Santiago

8 Xullo|17:30 - 18:30

De balde
mamoa

OS MÉRCORES A FAMILIA VAI Á ESCOLIÑA!

Charlas e obradoiros prácticos sobre diferentes aspectos da crianza: seguridade viaria, coleo, aleitamento, nutrición, oferta das escolas infantís municipais, crianza plurilingüe, as vantaxes de medrar en galego, recursos educactivos, educación emocional, como contar contos, a música na crianza, ergonomía e movemento…

Neste faladoiro poderemos compartir experiencias e exemplos prácticos co asesoramento da asociación Mámoa no seu 20 aniversario ofrecendo apoio á lactación materna: os beneficios que dá a lactación materna tanto ás mulleres como ás crianzas, as dificultades que podemos atopar, as posibles solucións…

Para embarazadas ou quen queira ter un bebé e nais lactantes.

20 prazas

Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do mércores da semana anterior.

Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda. É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.

 

 

Detalles

Data:
8 Xullo
Hora:
17:30 - 18:30
Prezo:
De balde
Etiquetas de Actividade:
,
Web:
http://apego.santiagodecompostela.gal/

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.facebook.com/linguagalegasantiagodecompostela

Lugar

Espazo Apego
Rúa da República do Salvador, 12 - entresollado
Santiago de Compostela, A Coruña 15701
+ Google Map
Teléfono:
981542409
Web:
delingua.santiagodecompostela.gal

Pin It on Pinterest