Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Escola bosque de Mamá Cabra en Moaña

17/12/2021|18:00 - 19:00

De balde
escola-bosque

A escola bosque está chea de carballos que case tocan o ceo, castiñeiros, bidueiros, loureiros, bieiteiros, abeleiras e moitas árbores que sempre deron moitísimo máis que madeira.

Agochados entre eles andan paxaros como a pega marza, a estreliña do norte, o paporrubio real e a curuxa.

E percorrendo os seus camiños están a píntega, os esquíos, o xabaril, o raposo…

Este traballo nace do amor pola natureza e do compromiso pola terra que coidaron os nosos avós e as nosas avoas. un espectáculo musical novo co que cantar e bailar en familia

Organizador

Biblioteca Pública Municipal de Moaña, Servizo de Normalización Lingüística e Servizo de Muller e Igualdade

Lugar

Praza do Concello
As Barxas, 2
Moaña, 36950
+ Google Map

Pin It on Pinterest