O Servizo de Normalización Lingüística do Concello da Coruña organizou unha programación infantil para o Nadal 2020 adaptada ao formato virtual. Unha morea de actividades para xuntármonos arredor da lingua, a música e a cultura que nos axudan nestes días incertos e monótonos. Unha programación de Nadal divertida, didáctica e, sobre todo, segura. Xuntamos as bandas, músicas/os, actrices e actores, contacontos, inventoras, técnicas/os de son, escritoras/es para poder gravar concertos, obradoiros, contacontos e actuacións dos vosos artistas favoritos para que poidades gozalas na casa, con toda a seguridade…
Ler máis »