Os xoves en que non hai función no Espazo Apego pasamos a tarde Enredando!
Un espazo de entretemento activo en que se promove a socialización e a expresión verbal, xestual, corporal… manexando ditos, cancións, xogos, xoguetes…
Dirixido a crianzas de 2 a 6 anos
Todos os xoves laborables en que non hai función no Espazo Apego de 17 a 18.30 h (o acceso ao espazo comezará a partir das 16.40 h).
Inscrición previa en dlg@santiagodecompostela.gal (nome completo, idade de cada unha das persoas asistentes e teléfono de contacto). O prazo para inscribirse na actividade comezará ás 00 horas do xoves da semana anterior.
Para poder seguir as normas de hixienización, o acceso ao espazo comezará arredor de vinte minutos antes da actividade. Na sala de actividades entrarase sen calzado (aconséllase acudir con calcetíns grosos). Recoméndase acudir con roupa cómoda (pódense usar materiais que manchan). É obrigatorio o uso de máscara en todo o local.