Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Consertasso na horta en Oleiros

05/11/2023|12:00 - 13:00

De balde
consertasso

O domingo 5 de novembro na horta de Brais das Hortas hai concerto. Mellor dito: Consertasso! Todo da casa! Grelos e temassos, cun equilibrio variado de formas e estilos – como debe ser nun ecosistema musical diverso e saudable! A Santa Compaña aparécese entre as patacas cantando un trap. Hai unha pulga punk da praia de Liméns. As cabras tiran para o monte e os caracois reivindican o seu ritmo: o reggae. Entre as cenorias, os lagartos toman o sol ao son dun tumbao -é o propio!- e os kiwis non paran de brotar bailando ska. Tamén hai sitio para os soños, coma o de ser astronauta, ou para pedirlle axuda ás veciñas para botarlle o sulfato as viñas. E máis temassos entre guitarrazos, charangazos e un lote de instrumentazos máis. Música e humor para toda a familia. Letras e arranxos coidados para sementar e apañar risas e ganas de cantar xuntas.

As persoas interesadas en asistir poderán inscribirse a través do formulario habilitado na páxina web do Concello, desde o luns 30 de outubro ás 10.00 h. Terán preferencia as familias inscritas no Apego os dous primeiros días de inscrición. As prazas confirmaranse por correo electrónico.

Organizador

Concello de Oleiros. Servizo de Normalización Lingüística
Teléfono:
981610000
Email:
lingua@oleiros.org
Web:
www.oleiros.org

Lugar

A Fábrica
Rúa Inglés, 13
Oleiros, A Coruña 15172 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981610000
Web:
www.oleiros.org

Pin It on Pinterest