Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Cantacontos para bebés, con Pablo Díaz

18/10/2017|18:00 - 19:00

cantacontos

Pablo Díaz fará unha viaxe a través dos contos coa música como fío condutor, tratando temas e rutinas adaptadas para os máis pequen@s. Para conseguilo, axudarase de instrumentos como frautas, guitarra, harmónica e algún dos seus temas máis populares.

Unha sesión relaxada onde a fantasía e a ilusión sexan as protagonistas, e na que grandes e miúdos axuden a cantar e a entoar as melodías e retrousos.

Está destinado a familias con nenos/as menores de 5 anos e futuras nais/pais.

O número de prazas por obradoiro son 30 nenos/as acompañados/as dunha persoa adulta. No formulario de inscrición debe anotarse o nome da crianza, sen ser necesario apuntar o nome da persoa adulta acompañante.

Organizador

Concello da Coruña
Teléfono:
981 18 42 00
Web:
https://www.coruna.gal/portal/gl?argIdioma=gl

Lugar

Ágora
Lugar da Gramela, 17
A Coruña, A Coruña 15010
+ Google Map
Teléfono:
981 189 888

Pin It on Pinterest