O xogo é fundamental para aprender, socializar, imitar a realidade e desenvolver a creatividade, a intelixencia e as competencias lingüísticas. Brazolinda falaranos da importancia do xogo, presentará os xogos artesanais que desenvolve e ensinaranos como aproveitalos en familia. Esta actividade está pensada para nenos e nenas de 3 a 6 anos. Para asistir é necesaria inscrición previa e confirmación de praza na actividade http://apego.gal/sumate/.