Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Actividades continuadas na Festa do Apego de Compostela

28/12/2019|11:30 - 20:30

De balde
cartel-01-con-web

Unha feira de contos, música, xogos, información e propostas para a crianza en que as nenas e nenos poderán gozar e socializar en galego durante todo o día.

A programación da festa ofrece, ademais dos espectáculos, actividades continuadas e simultáneas que presentamos como actividades neste espazo e inclúe propostas relacionadas co xogo, a creatividade manual, a danza e o movemento, a literatura, a música, as artes escénicas e o audiovisual, para que as familias teñan diversas opcións e poidan compartir un tempo e un espazo con outras familias tamén interesadas na crianza en galego.

As actividades continuadas serán de 12 a 14 e de 16.30 a 19 h.

festa-apego-09

No espazo reservado para a feiriña, no vestíbulo do Auditorio, haberá sete postos nos que os servizos municipais directamente relacionados coas idades do programa Apego presentarán os seus programas propios (Departamento de Educación, Departamento de Centros Socioculturais e Programa Apego) e, ademais, catro espazos de empresas privadas para presentaren libros, música, xogos e outros materiais e servizos relacionados coa crianza: Libraría Couceiro, Gaia Ecocrianza, Xogos Brazolinda e Escola Semente.

festa-apego-08

O espazo de recursos vaino vestir Fabaloba co seu Alialí.gal e suporá unha oportunidade para sabermos de libros, música, xogos, xoguetes, aplicacións, materiais… cos que facilitar a crianza e a educación en galego, explicados e presentados de maneira amena para grandes e pequenos para poder, velos, tocalos e experimentar con eles.

Xandobela guiará dous obradoiros simultáneos e en horario contínuo  nos que traballar coas mans e aprender a construír, con material de refugallo, ferramentas que nos axudan a pasalo ben mentres falamos e socializamos: serán os Obradoiros Morcego e Boliche.

festa-apego-07

O xogo libre terá o seu lugar onde se sitúen os miles de pezas de materiais naturais de Terra miúda (Miudiño) e o xogo de mesa estará a carón do posto de Brazolinda Xogos na feira do vestíbulo para botar unha partida con sentido educativo, cultural e lingüístico.

festa-apego-06

Ademais da emisión dos vídeos As aventuras de Po, tamén contaremos con capítulos cedidos polas produtoras OQO, Ficción e CTV (Caracois e Cocorico, Tutu e As aventuras de Minchi) para botar un anaco descubrindo audiovisuais para a infancia modernos e accesibles en galego.

O servizo de bebeteca cubrirá as necesidades básicas de nais e bebés ata 36 meses con facilidades para aleitar, asear os bebés e descansar.

Para acceder ao menú adaptado ás familias con crianzas que ofrecerá a cantina do Auditorio cómpre reservar.

Especialmente dirixida ao público obxectivo do programa Apego (de 0 a 6 anos).

Entrada libre e de balde ata completar a capacidade en cada espazo.

Organizador

Concello de Santiago. Lingua Galega
Teléfono:
981542409
Email:
dlg@santiagodecompostela.org
Web:
www.delingua.santiagodecompostela.gal

Lugar

Auditorio de Galicia
Avenida do Burgo das Nacións
Santiago de Compostela, A Coruña 15782 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981552290
Web:
www.compostelacapitalcultural.org

Pin It on Pinterest