Co mes de setembro chega a Pontevedra o festival que os máis pequenos/as e tamén os papás e mamás estabades a agardar. Serán dúas intensas fins de semana cheíñas de propostas arredor das artes escénicas, pensadas e dirixidas á cativada da casa. Teremos teatro, danza, música, obradoiros, animación de rúa, contacontos, a guerra de almofadas… Un amplo abano de cousiñas bonitas que preparamos con moito cariño e cuns fermosos obxectivos: que poidades aprender xuntos, compartir experiencias e gozar dun tempo de lecer en familia.

ana-coutoO programa de actividades desenvolverase os días 20, 21, 22, 28, 29 de setembro en espazos espallados por toda a cidade: Casa Azul, Teatro Principal, Praza do Teucro, Patronato de Turismo Rías Baixas, Sexto Edificio do Museo de Pontevedra e a sede social do Casino Mercantil.

Comeza a sétima edición. Benvidos/as ao Festival das Núbebes

Consultade no programa os espazos e a necesidade ou non de mercar entrada ou de pasar a recollela, aínda que sexa de balde.

programa_nubebes_2019

Pin It on Pinterest

Share This