BRINCA VAI son uns concertos dirixidos a familias con nenas e nenos de máis de 4 anos, baseado no libro Brinca Vai de Paco Nogueiras. Haberá dous pases:
A entrada será gratuíta mais é necesaria a inscrición en ticketea. Cada persoa poderá retirar até un máximo de 5 entradas, das que deberá cubrir o nome e apelidos de cada unha das persoas que asistirán ao evento. No día do concerto, será necesario achegar a entrada impresa ou en formato electrónico.
Brinca Vai, de Paco Nogueiras, é un libro para ler, ver e escoitar, onde se recollen doce cancións para os doce meses do ano, con distintos estilos musicais: techno, rock, folk, reggae….