Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Obradoiros prácticos Montessori

09/10/2017|18:00 - 24/10/2017|19:00

montessori-infant-baby-toddler-allen-tx-525x315

Obradoiros prácticos Montessori. Con Giovanna Pose, guía Montessori en Aura Carballo

Obradoiros prácticos dirixidos a nais e pais en que se traballarán dinámicas sobre a linguaxe, o movemento, a área sensorial e cognitiva, a vida práctica e social e a educación artística, sempre a partir do método educativo Montessori e aprendendo a acompañar os nosos fillos e as fillas no proceso de aprendizaxe do que son protagonistas. Haberá tres obradoiros, adaptados ás correspondentes idades.

>Luns 9 de outubro: para familias con bebés de 0-12 meses

>Martes 17 de outubro: para familias con bebés de 13-24 meses

>Martes 24 de outubro: para familias con bebés de 25-36 meses

18.00 h | Salón de actos do Pazo da Cultura de Carballo

Participación: dirixido a familias con nenos/as segundo as idades indicadas para cada día. Poden participar un máximo de 15 familias por orde de inscrición. Inscrición previa de balde desde o día 2 de outubro no Servizo de Normalización Lingüística ou no enderezo electrónico nelvidal@carballo.gal, achegando a seguinte información:

-Día do obradoiro ao que se quere inscribir, segundo o tempo que ten o neno ou nena.

-Nome e apelidos [da(s) persoa(s) adulta(s) participante(s): nai, pai ou ambos].

-Nome do neno ou nena.

-Tempo que ten o neno ou nena.

-Enderezo electrónico.

-Teléfono.

Organiza: Aura Carballo e Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Carballo

Podes descargar aquí o programa completo de actividades con Apego de Outono de 2017 en Carballo (.pdf)

Detalles

Comeza:
09/10/2017|18:00
Remata:
24/10/2017|19:00
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
, ,

Organizador

SNL do Concello de Carballo
Teléfono:
981704304
Email:
nelvidal@carballo.gal
Web:
www.carballo.gal

Lugar

Pazo da Cultura de Carballo
Rúa do Pan s/n
Carballo, A Coruña 15100 Spain
+ Google Map
Teléfono:
981704304
Web:
www.carballo.gal

Pin It on Pinterest