Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Sistemas de retención infantil, porteo e matronatación en Narón

01/12/2016|17:00 - 18:00

De balde
cartel-porteo-srimatronatacion

Como deben ir colocados os sistemas de retención infantil no coche? Cales son os beneficios do porteo? Probarei coa natación estando embarazada?… Estas e outras moitas cuestións poden xurdir entre as familias que están a esperar un bebé. Por este motivo os servizos de Normalización Lingüística e Educación Viaria do Concello de Narón organizan un taller teórico-práctico de sistemas de retención infantil, porteo e matronatación.

O día 1 de decembro as mulleres embarazadas que o desexen poderán participar nunha clase de matronatación na piscina municipal ás 11:45 h. Pola tarde, ás 17:00 h terá lugar no local social do Alto do Castiñeiro unha charla informativa sobre seguridade no automóbil e sistemas de retención infantil da man de Ali Bebé, e de porteo da man do grupo de apoio á lactación materna BBTTA.

Poden participar nesta actividade, que será de balde, todas as familias interesadas, mais será preciso anotarse previamente nos departamentos de Educación Viaria ou Normalización Lingüística do Concello de Narón, a través dos correos electrónicos seguridadevial@naron.es ou a.pita@naron.es, ou no teléfono 981337700 (ext.2412 ou 1516); e tamén na tenda Ali Bebé.

 

Detalles

Data:
01/12/2016
Hora:
17:00 - 18:00
Prezo:
De balde
Actividade Category:
Etiquetas de Actividade:
,
Web:
http://apego.gal

Organizador

SNL e Educación Viaria do Concello de Narón

Lugar

Local social do Alto do Castiñeiro
R/Manuel Antonio, nº7
Narón, 15570
+ Google Map

Pin It on Pinterest