Para conmemorar o Día de Rosalía, o 24 de febreiro, Ana Ponte, caracterizada como Rosalía de Castro, e Diego Freire, interpretando a un dos seus biógrafos, inician un diálogo, protagonizado por poemas de Rosalía e doutros autores, cun toque de humor para homenaxear a súa figura e achegala ao público.
Presentan unha Rosalía alén dos estereotipos e reducionismos que durante anos pintaron a esta autora como unha “chorona”. Tratan de fuxir da imaxe falseada e edulcorada que durante moitos anos se impuxo na nosa sociedade.
Poñen de relevo o seu papel central na cultura galega e a feliz excepcionalidade de que ese lugar central estea ocupado por unha muller, malia todos os obstáculos que tivo que superar.
Destinatari@s: dirixido a alumnado de infantil, primaria e secundaria dos centros educativos de Narón. Realizaranse dous espectáculos, un adaptado para alumnado de infantil e ata 3º de primaria; e outro para alumnado a partir de 4º de primaria e secundaria.
Data: mércores, 24 de febreiro de 2021.
Horario: ás 09:00 h. Aínda que a primeira proxección é ás 09.00 h, poderase ver o espectáculo ao longo de todo o día, pois quedará o vídeo en reprodución automática (duración aproximada 25 minutos)
Lugar: por streaming nos seguintes enlaces:
– alumnado de infantil e ata 3º de primaria: https://www.culturaenvivo.com/gl/sempre-rosalia/
– alumnado desde 4º de primaria ata a ESO: https://www.culturaenvivo.com/gl/sempre-rosalia-5/
Organiza: Servizo de Normalización Lingüística – Concellaría de Ensino e Bibliotecas do Concello de Narón.