Cargando Actividades

« All Actividades

  • Esta evento xa pasou.

Prende no colo en Ferrol

15/11/2015|12:00 - 12:50

De balde

apego_2015_normaliz_ferrol-web

Novembro, 15, 12.00 – 12.50 h

Capela C.C. Torrente Ballester, r/ Concepción Arenal,s/n

Ferrol 15402

A Concellería de Normalización Lingüística ofrece o 15 de novembro de 2015, ás 12:00 h na Capela do C.C.Torrente Ballester un obradoiro de arrolos, xogos de dedos, recitados e cantigas Prende no colo, para crianzas de 0 a 3 anos e as súas familias. Impartírao  Luís Prego, acompañado polo músico Samuel Souto.

As familias  poderán aprender e practicar arrolos, cantos para nomear as diferentes partes do corpo,  xogos de dedos,  cantigas e recitados para aloumiñar, xogos no colo, números, letras, animais ou contiños.

Para participar nesta actividade, que será de balde, débese reservar praza  a partir do  19  de  outubro no Departamento de Normalización Lingüística no 2º andar da Casa do Concello ou ben a través do correo electrónico gnl@ferrol.es

Poderán asistir un máximo de 20 nenos ou nenas que poderán estar acompañados dunha única persoa adulta. As familias que están adheridas á campaña Apego terán preferencia.

Detalles

Data:
15/11/2015
Hora:
12:00 - 12:50
Prezo:
De balde
Web:
http://www.ferrol.es

Pin It on Pinterest